O día de hoxe foi bastante movidiño. Comezamos coa visita do APALPADOR que chegou antes do recreo á nosa clase. Coincidiu que lle estabamos a facer uns debuxos para el por se aparecía polo cole e a sorpresa foi maiúscula. Disfrutamos da súa presenza e repartiunos castañas. Xa na hora do recreo puidemos merendar un biscoito que fixo a nosa profe.
Ao rematar o recreo subimos todo infantil e primaria ata a biblioteca para estar na entrega de agasallos aos premiados no calendario de AMA deste ano. Pola parte de 4º teño que felicitar a todos e todas polos debuxos tan guais que fixeron e en especial a Alicia Fernández e a Silvia por ser as elexidas este ano.
Como remate de xornada entregáronse as notas do 1º trimestre e demos comezo ás ansiadas vacacións de nadal.
DISFRUTADE MOITO DESTAS VACACIÓNS E DEICA O 8 DE XANEIRO!!!
viernes, 21 de diciembre de 2012
miércoles, 19 de diciembre de 2012
FESTIVAL DE NADAL
Hoxe celebrouse o festival de infantil e primaria no cine Alovi. Participou todo o alumnado cantando, bailando e actuando en obriñas de teatro.
O curso de 4º preparamos con Marita unha panxoliña instrumentada titulada "Campaíña do lugar". Temos que dicir que nos saíu moi ben.
O curso de 4º preparamos con Marita unha panxoliña instrumentada titulada "Campaíña do lugar". Temos que dicir que nos saíu moi ben.
martes, 18 de diciembre de 2012
O APALPADOR
Estes días previos ás vacacións de Nadal imos falando nas aulas de infantil e primaria do personaxe de "Apalpador". Curioso ser que aprece na noite do 24 aló polas terras dos Ancares e O Courel facendo visitas a nenos e nenas levándolle agasallos feitos por el e unha presa de castañas.
Podemos escoitar unha canción cantada por Malvela que fala del.
Podemos escoitar unha canción cantada por Malvela que fala del.
lunes, 10 de diciembre de 2012
NADAL
Levamos uns días facendo varios traballos para poder decorar o cole con motivos navideños. Neste caso, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, adicámonos a compoñer a árbore que está na entrada. Para elo fixemos estreliñas pintando e decorando depresores aos que lle colocamos unha cinta para poder colgalas. Tamén unhas grilandas feitas con chapiñas das latas insertadas en cintas e polo medio unhas boliñas de papel brilante.
A verdade é que está quedando ben chuli a nosa árbore reciclada do anterior nadal.
jueves, 29 de noviembre de 2012
DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS
Outra actividade que fixemos foi traballar en grupiños o tema das árbores. Para elo buscamos información na casa sobre a especie que tocaba falar e logo completamos a ficha que conforma este libriño que vos presentamos de seguido.
viernes, 23 de noviembre de 2012
DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS: SEMENTAMOS
Temos que decir que, boa parte desas árbores que temos no viveiro e que xa levan algún tempo medrando, se podan plantar a vindeira semana por parte de compañeiros de outros cursos. Esta vez farase en Marraxón que é un espazo que, no seu momento, foi vertedoiro municipal. A idea é transformar un lugar, onde había lixo e refugallos, nun bosque autóctono e área de lecer.
martes, 23 de octubre de 2012
NA BIBLIOTECA
Voltamos a adicarlle unha sesión semanal a ir a ler á biblioteca do Centro. Podemos ver o entretidos que estamos cando toca ler. A verdade é que gusta moito facer estas saídas á nosa biblioteca.
lunes, 8 de octubre de 2012
BENVIDA SILVIA!!!
Dende hoxe temos unha mestra en prácticas na nosa aula. Estará todo este mes e parte dos meses de novembro e decembro. Chámase Silvia e contamos con que esté moi a gusto con nós e que todos podamos aprender moito desta nova experiencia.
Benvida Silvia!!!
Benvida Silvia!!!
jueves, 20 de septiembre de 2012
VIAXE A MANZANEDA
Este mércores e xoves fixemos unha excursión a Manzaneda. Fomos os cursos de 4º, 5º e 6º cos profes Angeles Lourés, Paco e Fina.
Esta viaxe era o premio de Voz Natura que tivemos a nivel provincial polas actividades feitas dende A.M.A.
Disfrutamos moito xa que tivemos moi boa climatoloxía. Houbo actividades dirixidas por monitores: tiro con arco, cars, sendeirismo, escalada, velada nocturna. Aprendimos moito e foi unha bonita experiencia para todos.

martes, 18 de septiembre de 2012
VISITAMOS O INVERNADOIRO
Hoxe fomos de visita ata o horto e o viveiro para ver o que pasar neste tempo que non estivemos no cole. Puidemos comprobar que o horto estaba máis ben seco pero que aínda con esa falta de auga había unha boa variedade de productos que plantáramos antes de irnos de vacacións. Entre eles había tomates cherri, calabacíns, algún pemento, fabas, garabanzos e lentellas que plantaran os peques de infantil.
No invernadoiro medraran moitísimo tanto os tomates como os calabacíns pero tiñan moita máis folla que froito. Isto é debido a que non se podaron no seu momento xa que non estabamos.Tamén desa circunstancia aprendemos cousas útiles.
Podedes ver unha foto do interior do noso invernadoiro.

miércoles, 12 de septiembre de 2012
BENVID@S A UN NOVO CURSO!!!!!
Quero dar a benvida a este grupo de 19 alumn@s que comezan un curso de 4º que vai ser especial para todos nós. Traballaremos moito para conseguir uns resultados que ,coido, han ser moi positivos . Especial ten que ser ese recebemento para tres novos alumnos que se incorporan á nosa aula. Eles son: Alicia, Adrián e Dana.
A todos e todas vós un feliz comezo de curso.
(Podedes ver o mural tan chuli que hai na entrada do centro e que foi elaborado polos compañeiros josé Mª e Angeles L.)
A todos e todas vós un feliz comezo de curso.
(Podedes ver o mural tan chuli que hai na entrada do centro e que foi elaborado polos compañeiros josé Mª e Angeles L.)
domingo, 1 de julio de 2012
FIN DE CURSO
O último día de cole almorzamos na aula tan pronto chegamos. A media mañá fomos ver a actuación do mago Benxamín na biblioteca coa que nos divertímos e sorprendimos moitísimo. A nosa compañeira Carmen fixo de axudante para un dos seus trucos.
E como colofón tivemos un festival no pavillón con bailes e cancións. Un destes bailes foi a presentación do Rap do Reciclado, ensaiado nas clases de música con Marita. Pasámolo guai pero andivemos apuradillos para facer un final completo.
FELIZ VERÁN E DISFRUTEMOS TODOS E TODAS DESTAS MERECIDAS VACACIÓNS!!!!!
DEICA O MES DE SETEMBRO! BICOS!!!VISITAMOS O NOSO MUSEO
Esta última semana de curso fixemos unha visita guiada pola zona de xogos e xoguetes do noso Museo. Contamos coa colaboración e explicación do compañeiro José Mª. Moitas grazas!. Estivemos moi atentos ao que el nos contou e aprendimos moitas cousas. Continuaremos con esta actividade no vindeiro curso xa que queda moito por ver.
sábado, 9 de junio de 2012
IMOS DE EXCURSIÓN!!!!
Este venres tocou ir de excursión de remate de curso ao 1º e 2º ciclos de primaria. Saímos ás 9 e media en dous buses cara a Arteixo. Alí visitamos as instalación da VOZ e tivemos como guía a Alvaro que durante algo máis dunha hora explicounos moitas cousas interesantes sobre a elaboración dun xornal e outras lerias.
Arredor da unha da tarde estabamos na estación do tren da Coruña onde xantamos e esperamos para coller o tren que nos levaría ata Betanzos. Unha vez alí andivemos un cachiño ata o Parque do Pasatempo que nos engaiolou coa súa fermosura. A pena foi ver o descoidado que estaba todo aquilo. Pero aínda así segue parecéndonos un lugar un tanto "máxico". Para rematar a xornada quixemos facelo no parque de xogos que hai ao pé do Pasatempo.
O bo tempo acompañounos a pesar de ameazar choiva pola mañá. Foi unha xornada ben divertida e acabamos algo cansadiños pero moi ledos coa experiencia vivida.

martes, 5 de junio de 2012
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
No día de hoxe fomos representando a todo o noso cole ata unha recepción no Concello. Fomos invitados por ter recibido o Premio provincial Voz Natura que recollimos este sábado día 2 na festa de Voz Natura. Apoveitamos para entregarle aoAlcalde un libro coa memoria de actividades que facemos na nosa Aula de Medio Ambiente e unha carta con inquedanzas sobre melloras sobre o medio ambiente na nosa vila. Nós tamén tivemos un agasallo que se nos deu ao remate do acto.
Gustounos moito esta experiencia. Tanto que de seguro repetiremos noutro momento.
MOITAS GRAZAS!!!.
Gustounos moito esta experiencia. Tanto que de seguro repetiremos noutro momento.
MOITAS GRAZAS!!!.
domingo, 3 de junio de 2012
PREMIO PROVINCIAL VOZ NATURA
Onte, sábado, estivemos na festa de Voz Natura no parque de Acea da Ma en Culleredo. Como todos estes anos fomos un bo grupo de pais, nais, nenos, nenas e mestras. A diferenza dos outros anos é que, aparte de pasar unha xornada de disfrute e de aprender moito sobre medio ambiente, había algo máis.
Recollíamos o premio provincial pola nosa Aula de Medio Ambiente.
Felicidades a tod@s.
E agora a seguir nesa dinámica de rigor e constancia, calificativos dados polo Comité Científico de Voz Natura ao noso traballo.
MOITAS GRAZAS!!
lunes, 28 de mayo de 2012
ROTEIRO POLO CANEIRO E RÍO EUME
Este martes fixemos unha andaina o alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria xunto con 7 mestres e un grupiño de membros do grupo de sendeirismo O CAXADO. É o cuarto ano que facemos esta camiñata dende AMA e o departamento de E.F. de primaria.
O bo tempo acompañounos e puidemos disfrutar dunha xornada estupenda en medio da natureza. Contemplamos a fermosura da vexetación, dalgúns bichiños que fomos atopando, do río e da súa música, da fervenza, das pequenas pontes…
Un grupo de alumnos quedou na área recreativa do Caneiro onde merendaron e xogaron, pero os nenos e nenas de 3º fixeron o tramo 2º de subir ata a Vacariza e nese percorrido ver unha fermosa fervenza que non estaba moi accesible.
Temos que dar as grazas á xente do grupo O Caxado con Chucho ao frente, que colaboraron con nós desinteresadamente e con moito agarimo cos nenos e nenas.
Resultou unha xornada moi gratificante.

jueves, 24 de mayo de 2012
DÍA EUROPEO DOS PARQUES: VISITAMOS O BAÑAL
Hoxe conmemórase o Día Europeo dos Parques. E como o noso centro ten o seu parque particular alá nos fomos un bo grupo de rapaces. rapazas e mestras.Nese grupo estabamos nós que disfrutamos cunha actividade na natureza. A idea era visitar as árbores que plantáramos o curso pasado. Eran os buxos que fan a forma de labirinto da tartaruga. Comprobamos que estaban todos e que medraran. Aboámolos e regámolos. Aproveitamos que o día estaba moi solleiro para merendar e xogar.
Tedes que visitar esta paraxe que está ben fermosa!!
Tedes que visitar esta paraxe que está ben fermosa!!
miércoles, 23 de mayo de 2012
NO HORTO
XA TEMOS O HORTO PREPARADO PARA PLANTAR!!.
Temos que agradecer a algúns pais e ao conserxe que traballaron arreo para renovar o horto que tíñamos . Para elo desmontaron o que tíñamos para poder engadir máis terra , poñer novas táboas e aboar con esterco.
Desta maneira puidemos ir esta semana a plantar algunha verdura como brécol, pementos, espinacas, acelgas e leitugas. Iremos vendo como medran a ver se podemos ter algún produto antes de rematar o curso.
Moitas grazas a eses pais que fixeron este estupendo traballo!.

miércoles, 16 de mayo de 2012
PREMIAD@S NOS CONCURSOS DO RECICLADO E DAS LETRAS GALEGAS
Quero felicitar a todos e todas, nenos e nenas de 3º, polos traballos feitos tanto no reciclado como nas Letras Galegas. Xa saben que para min son todos gañadores porque o importante é participar. Dito esto sí que debemos dar a noraboa especial a quenes levaron un premio nesta nova edición dos dous concursos.
Así pois nomeámolos de seguido:
Alicia, Tomás, Antía, Xoel, Elia e Alejandra.
E a seguir traballando como ata agora!!!
Así pois nomeámolos de seguido:
Alicia, Tomás, Antía, Xoel, Elia e Alejandra.
E a seguir traballando como ata agora!!!
viernes, 11 de mayo de 2012
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe celebramos, de forma anticipada, o festival das Letras Galegas. Foron dúas horas nas que puidemos disfrutar de tódalas actuacións nas que participamos todo o noso cole. Todas estiveron moi ben: a lectura de poemas, os bailes, as cancións tanto cantadas como instrumentadas, os presentadores. E todo estivo moi ben organizado. NORABOA a tod@s xa que merece a pena felicitarnos. E pasando á actuación das nenas e nenos de 3º, teño que felicitalos dobremente porque o fixeron superben e souberon disfrutar de todo o festival. Un BRAVO! ben forte para tod@s vós
miércoles, 9 de mayo de 2012
VISITAMOS ASPANAES
No día de hoxe puidemos disfrutar dunha actividade ben completa. Fomos de invitados ao cole de ASPANAES.
Chegamos en bus e alí estaban esperando Tania, David, Marcos e Roque (faltaba Senén) e as súas profes Cristina, Tania e o profe de música, Juan. Compartimos algo máis dunha hora xogos, diversión, intercambio de traballos, unha exquisita merenda, fotos....Xa cando marchabamos agasalláronnos cun conto ben chuli.
Pero sobre todo e máis importante, entendemento, cariño e complicidade. Amosaron os recunchos que alí hai e está claro que teñen un cole ben bonito. Seguro que voltaremos máis veces.
MOITAS GRAZAS POR TODO!!!!!sábado, 5 de mayo de 2012
viernes, 4 de mayo de 2012
V CERTAME BULIQUEIRAS
Este ano o tema para os traballos do concurso das Buliqueiras versaba sobre CUNQUEIRO. Logo de traballar a figura e parte da obra deste persoeiro galego tan emblemático démoslle voltas a ver que poderíamos facer en grupo para presentar a este concurso.
Tomamos a decisión de facer poemas sobre do que estivéramos falando na clase. Desta maneira saíronnos varios poemiñas aos que lle engadimos debuxos alusivos e convertímolos nun libro de "POEMAS PARA CUNQUEIRO".
A verdade é que non debeu de quedar tan mal xa que levamos o 1º premio na nosa categoría. Noraboa para nós e tamén para as clases de 3 anos e 1º de primaria así como a tres alumnos de 1º de ESO (Carmela, Cristina e Miguel). Todos eles do noso centro.
Na tarde de hoxe fomos a recoller o premio ao cine Alovi logo de ver unha obriña titulada "Merlos".
martes, 24 de abril de 2012
VISÍTANNOS ALUMN@S E PROFES DE ASPANAES
No día de hoxe compartimos unha xornada fermosa con nenos e nenas do centro de ASPANAES no que tamén comparte os mércores, xoves e venres o noso compañeiro David. Os nenos e nenas de 3º xunto co profe Pedro estiveron preparando estes días pasados unhas actividades no pavillón a base de xogos creando uns circuitos deportivos con material de E.F. Participaron todos e axudaron a que saira todo como se esperaba. Logo foron ata a aula de música onde puidemos ver uns vídeos que nos traían preparados e que resultaron moi emotivos. Tamén puideron practicar con algún instrumento desa clase.
Puideron ver a exposición de traballos de reciclado que hai na entrada do centro. Por último e logo de que xa se foran para o seu centro achegámonos ata a biblioteca nosa para ver e falar duns murais que nos trouxeron dende o centro deles e onde se pode ver a súa historia e o que fan ao longo da semana.
MOITAS GRAZAS por visitarnos e contamos visitarvos nós a segunda semana de maio.
sábado, 31 de marzo de 2012
DEPORTE ESCOLAR NO PAVILLÓN DA FRAGA
Na última semana de marzo achegámonos ata o pavillón municipal todos nós xunto con nenos e neneas de 2º e 6º de primaria para participar nunha serie de xogos e deportes organizados dende a consellaría e a través da ANPA. Había nenos e nenas doutros centros e foi unha xornada divertida. De volta ao centro fixémolo andando xa que facía unha mañá soleada.
viernes, 30 de marzo de 2012
INVERNADOIRO
No mes de decembro remataron de facer o invernadoiro dentro do viveiro do centro. Foi grazas ao traballo da xente dos obradoiros de carpintería, albanilería e xardinería dependentes do Concello. A todos eles moitas grazas, en especial a Abel que se preocupou especialmente en que todo saira ben e colaborou en varias actividades levadas a cabo pola nosa AMA.
Podemos ver un seguemento de como estaba ao principio no mes de Setembro e como rematou en decembro.
A dia de hoxe xa fixemos varias actuacións no seu interior. Varios grupos de alumn@s plantaron distintos productos.
No caso de 3º de primaria plantamos bulbos de flores en testos e plantiñas de vinca (enredadeira que servirá para tapizar parte do viveiro) nunha primeira data.
A 2ª vez plantamos amorodos xunto con 4º de primaria.
viernes, 23 de marzo de 2012
EXPERIMENTOS NO DÍA DA AUGA
Unha actividade que realizamos para conmemorar este día foi realizar experimentos con este elemento: "a auga". primeiramente fixemos diversas experiencias na clase de inglés coa súa profe, Angeles.Logo foron recollidas en murais conxuntamente co resto de cursos de infantil e primaria. Grazas, Angeles!
Tamén nos achegamos ata o laboratorio de secundaria para observar diversas experiencias que nos tiñan preparadas os alumnos de 4º de ESO: Edgar, Claudia, Pilar e Pablo xunto coa súa mestra de bioloxía, Carmen. A todos eles, moitas grazas. Aprendimos moitas cousas e disfrutamos con esta actividade.

jueves, 22 de marzo de 2012
MOITO QUE CELEBRAR!!!!!
Con este vídeo vexo que pode estar representado todo o que nestes dous días queremos conmemorar.
Chegou a Primavera, celebramos o día da Árbore, tamén o día da Poesía, adicámolo ás persoas con síndrome de Down e, como remate, o día 22 é o día mundial da Auga.
Son moitas cousas para unha soa data.
Todas elas teñen en común a esperanza, a vida, o amor.
Escoitemos uns minutiños o que transmite Vivaldi nesta fermosa composición.
Vai por todos vós!!!

martes, 20 de marzo de 2012
VISITOUNOS IAGO
Hoxe foi o segundo día que veu Iago á nosa clase. Trátase do profe de lingua castelá de secundaria. Aceptou a nosa invitación para compartir un par de ratiños con nós contándonos cousas moi interesantes sobre os libros. Quedamos encantados co que nos contou e gustounos escoitalo recitar diferentes poemas, algúns deles escritos por el. Foi a nosa pequena homenaxe ao día da poesía que se conmemora o día 21. Tamén foi un complemento ao que estamos vendo sobre Alvaro Cunqueiro e Rosalía de Castro.
Moitas grazas, Iago!!. Podes voltar sempre que queiras.
Moitas grazas, Iago!!. Podes voltar sempre que queiras.
viernes, 9 de marzo de 2012
CONVIVENCIA E DEPORTE NA FRAGA
Este venres houbo unha actividade de deporte e lecer para todos os escolares do pobo. O sitio non podía ser outro: O parque da Fraga. Que fermosura de natureza!!"!
Do noso cole fomos todo o alumnado de primaria e gran parte do profesorado.
O día non puido estar mellor en canto á climatoloxía. Tratábase de facer carreiras por itinerarios programados. Fixéronse por grupos de idades. No noso caso corríamos xuntos nenos de 2º e 3º e nenas deses mesmos cursos. O máis importante foi a participación que houbo e a camaredería existente. Hai que felicitar a todos e todas polo ben que o fixeron e polo seu esforzo. Ademáis temos que dar a noraboa aos nosos compañeiros Antía e Eyob xa que na súa categoría foron os gañadores.
O dito: felicidades a todos e todas!!!.

miércoles, 29 de febrero de 2012
PLANTAMOS BULBOS E VINCA
Esta semana baixamos un par de veces ata o viveiro para plantar en testos bulbos de dalias, narcisos e xacintos. Tamén fixemos sementeira de leituga así como esquexes de vinca que son plantas trepadoras . O tempo que está facendo permite que fagamos esta actividade sen problema xa que temos unha primavera adiantada. Logo de plantalas colocámolas no invernadoiro que estamos a estrear estes días. Hai que agradecer aos distintos Obradoiros de Emprego que desenrolaron o seu quefacer este ano que ven de rematar e cuxa iniciativa partiu do Concello. O resultado podémolo ver nalgunha das fotos que van de seguido.
viernes, 17 de febrero de 2012
ENTROIDO NO COLE!!!
Este ano tocou ir de "Mercado persa" e nós disfrazámonos de mercaderes e mendigos xunto cos compis de 4º. A vestimenta trouxémola feita da casa e na aula cosimos remendos nas prendas dos mendigos. Tamén coreamos carautas e fixemos os medallóns para levalos como colares.
Non podemos esquecer os dous camelos que nos acompañaban e que pasou por varias mans para conseguir ese resultado final tan estupendo. Sobre todo agradecer ao conserxe, José Antonio, o tempo que empregou para mantelo de pé.
O día do desfile puidemos degustar unhas ricas orellas e freixós que foron repartidos, como todos estes anos, por xente da ANPA.

jueves, 26 de enero de 2012
DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Toda a xornada de hoxe, 26 de xaneiro, estivo adicada a actividades e obradoiros relacionados co MEDIO AMBIENTE.
Estiveron con nós dúas monitoras de ADEGA que desenrolaron o obradoiro "O ruído é contaminación: mapa do ruído". Este obradoiro o fixemos os cursos de 3º e 4º. Con el puidemos comprobar a cantidade de decibelios que podía haber en diferentes estancias do pavillón de primaria. A verdade é que aprendimos moito. Sobre todo o concepto de contaminación acústica. Noutros cursos tamén se traballou o tema das enerxías renovables.
Tamén a última hora estivemos participando do obradoiro de fabricación de xabrón a partir de reciclar aceite doméstico usado. Cos axuda e experiencia da profe Blanca puidemos ver todo o proceso que non é a primeira vez que o facemos. Foron varios cursos que pasaron pola aula de inglés onde se facía esta actividade.
Xa vos contaremos como remata este experimento!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)