martes, 18 de septiembre de 2012

VISITAMOS O INVERNADOIRO

Hoxe fomos de visita ata o horto e o viveiro para ver o que pasar neste tempo que non estivemos no cole. Puidemos comprobar que o horto estaba máis ben seco pero que aínda con esa falta de auga había unha boa variedade de productos que plantáramos antes de irnos de vacacións. Entre eles había tomates cherri, calabacíns, algún pemento, fabas, garabanzos e lentellas que plantaran os peques de infantil.
No invernadoiro medraran moitísimo tanto os tomates como os calabacíns pero tiñan moita máis folla que froito. Isto é debido a que non se podaron no seu momento xa que non estabamos.Tamén desa circunstancia aprendemos cousas útiles.
Podedes ver unha foto do interior do noso invernadoiro.


No hay comentarios: