Chegou o momento de dicir "ata sempre" a un grupo de nenas e nenos que xa forman parte da miña historia logo de ter compartido tanto estes últimos 4 anos.
Moitas e maravillosas vivencias ao longo de todo este tempo. Aprendizaxes mutuos. Experiencias enriquecedoras para min. Lévome momentos moi gratos.
Sodes xeniais e valedes moitísimo, porque se houbo momentos de floxedade foron moitos máis os de fortaleza, coraxe, amizade, compañeirismo e camaradería entre todos e todas.
E aínda que o final deste curso non foi nada normal merecedes estar por enriba de toda esta inxustiza que está a pasar co NOSO COLE.
Sexa como sexa, en setembro quero vervos a todos coa cara de felicidade que non puidestes ter este 23 de xuño.
Moitas grazas por ser como sodes. Medrade con dignidade pero non cambiedes nunca.
Agradecemento extensivo ás 13 familias dos meus nenos e nenas que nos acompañamos mutuamente estes 4 anos.
Disfrutade das vacacións que o merecedes de verdade.
Un bico moi grande para Xulián, Óscar, Eloy, André, Andrea, Noa, Miguel, Érika, Daniel, J. Gabriel, Lara, Destaw e Ainoa.
Mostrando entradas con la etiqueta FIN DE CURSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FIN DE CURSO. Mostrar todas las entradas
jueves, 6 de julio de 2017
viernes, 19 de junio de 2015
FIN DE CURSO
Remata este curso no que moito aprendimos e disfrutamos. Todos os momentos teñen a súa importancia e eu voume convencida de que o vindeiro curso temos moito que descubrir.
Disfrutade destas vacacións ben merecidas. Facede o que máis vos guste e vivide un verán pletórtico de emocións e bos momentos.
Vémonos en setembro ou calquera día polo pobo.
Mil bicos!!!
Un par de fotos durante o festival deste venres no noso pavillón. Cancións e bailes ensaiados pola nosa mestra de música. Graciñas Marita!!

viernes, 21 de junio de 2013
FIN DE CURSO
Hoxe, venres 21 de xuño, foi o último día de curso e tamén o día que remata unha etapa de catro anos na que todos e todas aprendimos moitísimo dun xeito ou de outro xa que aínda que vos pareza mentira, eu tamén aprendín moito con vós. Como ben sabedes houbo de todo, bos e regulares momentos, pero posto na balanza a inclinación é total para os momentos positivos.
Isto non é unha despedida, imos seguir véndonos a diario, como sabedes, sempre estarei moi orgullosa de vós e á vosa disposición para o que vos faga falta. Confío plenamente que non me ides a defraudar e que seguiredes sendo alumnos e alumnas exemplares sen esquecer algúns dos conceptos máis importante aprendidos nestes anos, por exemplo: o respeto, a tolerancia, a solidariedade, o cariño co resto das persoas e cara ao traballo sen esquecer o coidado ao Medio Ambiente e o amor á nosa terra e ao noso idioma.
MOITA SORTE!!!!
Quero darvos as grazas polas sorpresas tan fermosas que me fixestes, quedou ben claro que me gustaron e que me emocionaron (sodes un pouco pillabáns!!). PD: Non quero esquecerme dos pais e nais aos cales lles agradezo profundamente a súa colaboración ao longo destes catro anos.
MOITAS GRAZAS !!!
Un bico para este grupo de 19 exalumnos/as de 4º!!
Disfrutade destas vacacións e deica setembro!!

domingo, 1 de julio de 2012
FIN DE CURSO
O último día de cole almorzamos na aula tan pronto chegamos. A media mañá fomos ver a actuación do mago Benxamín na biblioteca coa que nos divertímos e sorprendimos moitísimo. A nosa compañeira Carmen fixo de axudante para un dos seus trucos.
E como colofón tivemos un festival no pavillón con bailes e cancións. Un destes bailes foi a presentación do Rap do Reciclado, ensaiado nas clases de música con Marita. Pasámolo guai pero andivemos apuradillos para facer un final completo.
FELIZ VERÁN E DISFRUTEMOS TODOS E TODAS DESTAS MERECIDAS VACACIÓNS!!!!!
DEICA O MES DE SETEMBRO! BICOS!!!lunes, 21 de junio de 2010
FIN DE CURSO
Como remate deste curso houbo este luns varias actividades. A 1ª foi unha merenda na cafetería do cole que compartimos coa clase de 2º .Estaba todo moi rico!!!!!!!!!!
Logo do recreo houbo un festival de música e baile no pavillón . Participamos todos os cursos e pasámolo moi ben.
Vémonos en setembro!!!!!!!!!
Boas vacacións e feliz verán!!!!!!!!!!!!!!
Logo do recreo houbo un festival de música e baile no pavillón . Participamos todos os cursos e pasámolo moi ben.
Vémonos en setembro!!!!!!!!!
Boas vacacións e feliz verán!!!!!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)