viernes, 21 de diciembre de 2012

E CHEGOU O APALPADOR

O día de hoxe foi bastante movidiño. Comezamos coa visita do APALPADOR que chegou antes do recreo á nosa clase. Coincidiu que lle estabamos a facer uns debuxos para el por se aparecía polo cole e a sorpresa foi maiúscula. Disfrutamos da súa presenza e repartiunos castañas. Xa na hora do recreo puidemos merendar un biscoito que fixo a nosa profe.



Ao rematar o recreo subimos todo infantil e primaria ata a biblioteca para estar na entrega de agasallos aos premiados no calendario de AMA deste ano. Pola parte de 4º teño que felicitar a todos e todas polos debuxos tan guais que fixeron e en especial a Alicia Fernández e a Silvia por ser as elexidas este ano.
Como remate de xornada entregáronse as notas do 1º trimestre e demos comezo ás ansiadas vacacións de nadal.
DISFRUTADE MOITO DESTAS VACACIÓNS E DEICA O 8 DE XANEIRO!!!


2 comentarios:

Ángeles. dijo...

Seguro que tod@s traballastes moitísimo neste trimestre, e tedes máis que merecidas unhas vacacións. FELICES FESTAS!
Pasádeo moi ben!
Moitos bicos.

Oliva dijo...

FELICES FESTAS!!! a estes nenos e a súa profe, e que no ano vindeiro podades seguir traballando para manter este fermoso sorriso.

Bicos