Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entroido. Mostrar todas las entradas

domingo, 26 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017


Neste mes de febreiro celebramos o entroido no cole. Houbo unha semana onde cada día había que traer unha cousa diferente ata que chegou o venres e todos e todas disfrazámonos por grupos.
O tema era: "diferentes películas de cine" e  3º e 4º fomos de mosqueteiros. Cada un preparou a súa espada tuneada con cartón.
O venres 24 fixemos o desfile no pavillón logo de merendar orellas, freixós e batidos, como sempre colaboración da ANPA. O desfile foi acompañado de actuacións musicais ensaiadas con Marita e que quedaron moi lucidas.









viernes, 5 de febrero de 2016

METIDOS NO ENTROIDO

Este ano coinciden moi próximas no tempo tres festividades escolares: Día da Educación Ambiental (26 de xaneiro), Día escolar pola Paz (31 de xaneiro) e venres de Entroido (5 de febreiro). Deste xeito eleximos facer o disfraz de cadros de distintos pintores aproveitando e reciclando unha camiseta blanca que houbera pola casa. Nós debuxamos imaxes de Romero Britto, pintor brasileiro que fai uns traballos chulísimos. Aprendimos cancións nos catro idiomas impartidos no centro e que fixeran alusión ao tema medioambiental e da Paz e tamén unhas coreografías ensaiadas coa profe de música, Marita. Fixemos pombiñas con consellos medioambientais que logo colgamos na árbore que temos no patio cuberto.
Este venres desfilamos e representamos todo o traballado nas clases estes días. Igualmente degustamos orellas e freixós coa colaboración da ANPA e do Concello.
FELIZ ENTROIDO!!!





viernes, 13 de febrero de 2015

ENTROIDO

E continuando con estas datas de "Entroido reciclado" estivemos a facer os disfraces con cartón que lle dimos forma de piña na casa . Logo na clase decoramos e lle demos a forma da froita. O tema elexido para infantil e primaria foi o de froitas e recolectores das mesmas. Desta forma traballamos o concepto de "Educación Ambiental" reutilizando material inservible para elaborar os nosos disfraces. Igualmente fixemos antifaces con forma de piña.
Como colofón a esos preparativos, o venres de entroido puidemos degustar ricos freixós e orellas que, como todos os anos, nolos dan o Concello e a ANPA.
Por último fixemos o desfile no pavillón e cantamos diferentes cancións adicadas ao Día da Paz ao tempo que bailamos ao ritmo da canción das Froitas. Todo elo ensaiado e preparado coa nosa mestra de Música, Marita.


miércoles, 11 de febrero de 2015

FACEMOS FREIXÓS E ORELLAS

Estamos inmersos nas datas do Entroido e por iso animámonos a facer unha sobremesa típica destas datas. Disfrutamos moito facéndoas e logo coméndoas no recreo. A verdade é que chegaron a pouco pero aquí vos deixamos a receita para os que queiran animarse:
4 ovos, 400 g de leite, 250 g de fariña, unha cullerada de manteiga, un pelisco de sal e 3 culleradas de anís.
Debían de estar boas que non quedou ningunha. Pero compartimos cos compis de 1º e con algúns profes que se pasaron pola aula.



Aquí podemos ver como colaboramos facendo as orellas na clase de 1º. Tamén estaban ben boas!!!!

sábado, 1 de marzo de 2014

ENTROIDO GALÁCTICO

Este ano disfrazámonos de marcianitos. O tema tiña que ver co espazo e dende infantil ata 6º de primaria houbo variedade de motivos espaciais: estreliñas en infantil, marcianitos de distintas cores ata 4º e astronautas en 5º e 6º.
Fixemos o noso disfraz na aula e ensaiamos cancións e bailes coa profe Marita. O venres 28 que era o día do desfile puidemos merendar saborosas orellas repartidas dende a ANPA e freixós que estaban moi bos e que , coma todos os anos, nolos trouxeron dende o concello.
Foi unha semana na que disfrutamos desta actividade e que ese venres nolo pasamos ben, ben.


viernes, 8 de febrero de 2013

FELIZ ENTROIDO!!!!

Hoxe foi o desfile e festival do entroido no noso centro. Este ano fomos disfrazándonos cada día con algo diferente ata conformar unha vestimenta parecida á dun paiaso. Quixemos con esto facer unha homenaxe a Miliki, o paiaso da TV. 
Toda esta semana fomos argallando os diferentes complementos do que se compuxo este disfraz. Igualmente tratouse de economizar en gastos e dese xeito fomos recuperando vestimentas que había pola casa de cada un. 
Na aula sí que fixemos os gorriños con catolinas e lle engadimos unha especie de melena con bolsas de plástico. Logo fomos decorando como quixemos ese gorro.
Este venres viñemos pintados da nosa casa. Xa na hora do recreo comimos orellas e freixós, convidados coma sempre pola nosa ANPA. Dende aquí o noso agradecemento polo seu traballo.
Xa no pavillón fomos interpretando diferentes cancións do repertorio dos paiasos da tele. Nós cantamos "La gallina turuleca" que ensaiamos con Marita. E a verdade é que quedou moi chula.
QUE DISFRUTEDES DO ENTROIDO!!!







viernes, 17 de febrero de 2012

ENTROIDO NO COLE!!!

Este ano tocou ir de "Mercado persa" e nós disfrazámonos de mercaderes e mendigos xunto cos compis de 4º. A vestimenta trouxémola feita da casa e na aula cosimos remendos nas prendas dos mendigos. Tamén coreamos carautas e fixemos os medallóns para levalos como colares.
Non podemos esquecer os dous camelos que nos acompañaban e que pasou por varias mans para conseguir ese resultado final tan estupendo. Sobre todo agradecer ao conserxe, José Antonio, o tempo que empregou para mantelo de pé.
O día do desfile puidemos degustar unhas ricas orellas e freixós que foron repartidos, como todos estes anos, por xente da ANPA.



viernes, 4 de marzo de 2011

DISFRAZÁMONOS E DIVERTÍMONOS!!!!!!!!!!!!

Este venres era o día de celebrar no cole o día grande de entroido. O alumnado de infantil e primaria vestímonos facendo referencia aos pobos do mundo. Desta maneira xuntáronse: indios, chinos, brasileiros e mexicanos.
O noso disfraz era de chiniños e chiniñas. Andivemos moi atarefados toda a semana. Pero xa veredes que logo de rematar gorros coa súa trenza, corear os abanos, rematar dragóns e faroliños e maquillarnos o resultado foi ben chuli. Temos que agradecer a axuda de Carmen, a mamá de Silvia, que nos botou unha man coa maquillaxe e vestindo os traxes.
Pasámolo ben comendo orellas, freixós e zumes e logo cantando e bailando no pavillón con todo o colexio.
Agora toca pasalo moi ben estes días de entroido que temos libres para disfrutalos a tope.

viernes, 25 de febrero de 2011

ENTROIDO 2011

Xa estamos ás portas dunha nova edición do Entroido. Este ano decidimos disfrazarnos de chiniñas e chiniños. Hai unha semana que andamos cos preparativos e por iso xa estivemos cosendo as nosas casacas verdes e coreando abanos e dragóns, así como facendo faroliños. Tamén hai que decir que contamos coa colaboración estupenda dos pais e nais para rematar de coser os nosos traxes. Imos aprender cousas moi interesantes dese país tan grande que se chama China. Xa vos iremos contando.





viernes, 12 de febrero de 2010

VENRES DE ENTROIDO



Hoxe celebramos o festival de entroido no noso cole.Foron moitas as actividades que houbo ao longo da mañá e todas elas ben chulis.
Comezamos facendo obradoiros: xogos, baile, maquillaxe e plástica. Todas e todas pasaron por eles facendo grupos e mezclando idades. Así, todo o curso de 1º estivemos compartindo esas actividades cos peques de infantil.Lembramos que non estivo David estes días pero o noso cariño tamén para el.
Resultou moi divertido e así o fixemos ata as 11 e media que comezaron a repartir orellas e freixós xunto con batidos e augas. Desto encargouse a ANPA e igualmente axudaron nalgún dos obradoiros, como o de maquillaxe. A todos eses pais e nais o noso agradecemento máis sinceiro.
Como colofón, e logo do recreo, fomos ata o pavillón para asistir á entrega dos premios que dá Normalización Lingüística polo concurso de Cartas e Poemas de amor.
A nosa clase levou un dos agasallos colectivos por estar dentro das clases máis participativas e tamén houbo un premio individual que foi para Elia. A todos vós felicidades por participar e facelo tan ben.
Tamén escoitamos música e nós, xa na aula, rematamos as carautas e antefaces que tiñamos pendentes.
FELIZ ENTROIDO E DISFRUTADE MOITO!!!!!!!!!!!!

jueves, 11 de febrero de 2010

OBRADOIRO DE COCIÑA: FIXEMOS FREIXÓS

RECEITA DOS NOSOS FREIXÓS: 3 ovos, 400 g. de leite, 200 g. de fariña, unhas gotas de aceite, un pelisco de sal, 100 g. de auga aromatizada.
A parte dos ingredientes precísase moitas ganas de facelos e bo apetito para comelos. Esto último case que había dabondo xa que non chegou a case nada. Pero queda pendente para outra data sen tardar moito.
Grazas aos profes que nos visitaron e que compartiron con nós un ratiño desa mañá.
Un bico para vós e outro para eles.

miércoles, 10 de febrero de 2010

OBRADOIRO DE COSTURA COAS NAIS

Seguindo coa elaboración dos nosos disfraces de hippies, contamos coa inestimable labor das nosas nais. Algunhas coseron nas súas casas e outras achegáronse ata a nosa aula. Compartimos máis de unha hora esa actividade conxunta nesta mañá de mércores.
Aproveitamos para sacar unhas fotos co seu permiso. Foi estupendo telas con nós mentres dábamos a nosa clase habitual.
A todas elas moitas grazas e podedes vir sempre que queirades!!!!!!!

viernes, 5 de febrero de 2010

O ENTROIDO ESTÁ AQUÍ

Comezou febreiro e xa entramos de cheo nos preparativos para o entroido. Esta semana estivemos traballando nas teas que formarán parte do noso disfraz de hippi. Tamén coreamos os colgantes que imos levar. Mirade que ben cosemos os volantes dos nosos pantalóns!!!!!