Este xoves voltamos a ir de visita ao instituto veciño. Era unha data importante para nós, estabamos convidados a dita inauguración. Entre as árbores, xa comentamos nunha entrada anterior,que había dúas abeleiras adicadas a nosa benquerida amiga Helena Villar Janeiro.
Aínda que tiña prevista estar presente non lle foi posible por motivos familiares. Pero nós tíñamos que estar. Varios motivos: que estabamos convidados por xente estupenda, que queríamos felicitar en persoa aos artífices dese fermoso proxecto, que recitabamos un poema do libro de Helena "As señoras cousas" e que tivemos a honra de ser os representantes de tan grande persoa e escritora. Este último foi o motivo de que nos entregaran unha abeleira que lle faremos chegar en canto poidamos facelo.
Quedamos encantados do ben que nos acolleron todos. E teño que felicitar aos meus nenos e nenas polo seu comportamento e a súa actitude en todo o acto. Un bico para eles!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario