Dende os Departamentos de E.F. de primaria e A.M.A. propuxemos facer este ano un tramo do Camiño dos Arrieiros ao colectivo de toda a primaria. Esta camiñata vense a facer dende hai 6 anos facéndoa coincidir nas datas intermedias do Día Mundial do Medio Ambiente e o remate de curso.
O de facer este tramo tivo moito que ver coa unidade didáctica que nos presentaron membros da Asociación da localidade Plataforma moi ben esquematizada para traballar na aula no vindeiro curso. Estivemos moi ben acompañados por Xose e Lois que nos explicaron todo o referente á historia e arqueoloxía relacionada con este Camiño ancestral e tamén por Gustavo como Técnico Medioambiental e coñecedor da flora e fauna que puidemos apreciar nesta excursión. Non esquecemos a un pequeno grupo de persoas pertencentes ao Club de montaña O Caxado que sempre teñen o detalle de acompañarnos nestas saídas. E por se non fora suficiente esta interesante compañía tamén nos acompañou o compañeiro José María que é ben coñecedor deste Camiño.
A todos eles moitas grazas!!
Soamente temos que dicir que non houbo tempo suficiente para rematar o trozo que pretendíamos nun principio. Chegamos ata o Forno dos Mouros situado nunha gran mámoa da Serra da Faladoira. Esta construcción chamounos moito a atención. está claro que temos que voltar para completar este Camiño e seguir a investigar e aprender sobre el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario