Mostrando entradas con la etiqueta COMEZO CURSO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMEZO CURSO. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de octubre de 2017

UNHA NOVA ANDAINA

Comezamos logo dun remate de curso e un verán sen precedentes. E xa me tardaba que fora así. Necesitaba o día a día cos nenos e nenas de 4º. Unha aula con 17 alumnas e alumnos e moitas gañas de facer e aprender. Imos tratar de que este camiño ata xuño sexa o máis fructífero, divertido, diverso, animado, movido que podamos imaxinar...e ímolo conseguir.
BENVIDOS AO NOVO CURSO DE 4º!!!!!


lunes, 28 de septiembre de 2015

PARABÉNS HELENA

Comezamos un novo curso que virá cargadiño de boas e gratas experiencias. Imos facer o posible para que sexa así. Xa incorporada cos meus alumnos e alumnas de 3º iniciamos este blog mandando os parabéns polo seu cumpreanos a unha moi querida amiga: HELENA VILLAR JANEIRO


viernes, 4 de octubre de 2013

BENVIDOS/BENVIDAS A UN NOVO CURSO

Logo de todo este tempo sen publicar ningunha nova, hoxe toca dar a benvida a un novo curso escolar e con elo a un  grupo de peques que este ano comezan unha nova andaina na súa vida. 
Trátase dos doce nenos e nenas que inician o curso de 1º de primaria e que se chaman: Xulián, Óscar, Andrea, Noa, Miguel, Érika, Daniel, J. Gabriel, Lara, Hermes A., Destaw e Ainhoa.
Xa levamos un mes coñecéndonos e coido que imos formar un moi bo equipo. Dá gusto poder compartir con eles este fermoso camiño que temos por diante todos os que formamos parte deste proxecto educativo que comezamos neste curso.
QUERO DAR A BENVIDA A TODAS AS FAMILIAS DESTES DOCE NENOS E NENAS E TRANSMITIRLLES A IDEA DE COLABORACIÓN QUE DEBE PREVALECER EN PROL DO BENEFICIO DESTES ALUMNOS QUE ESTREAN ETAPA ESCOLAR.