miércoles, 20 de diciembre de 2017
jueves, 2 de noviembre de 2017
martes, 31 de octubre de 2017
lunes, 23 de octubre de 2017
miércoles, 4 de octubre de 2017
A BOLBORETA SABELA
Corto fermoso do galego Alfredo Varela cunha moralexa importante. Adiviñas de que se trata logo de telo visto???
martes, 3 de octubre de 2017
UNHA NOVA ANDAINA
Comezamos logo dun remate de curso e un verán sen precedentes. E xa me tardaba que fora así. Necesitaba o día a día cos nenos e nenas de 4º. Unha aula con 17 alumnas e alumnos e moitas gañas de facer e aprender. Imos tratar de que este camiño ata xuño sexa o máis fructífero, divertido, diverso, animado, movido que podamos imaxinar...e ímolo conseguir.
BENVIDOS AO NOVO CURSO DE 4º!!!!!
BENVIDOS AO NOVO CURSO DE 4º!!!!!
miércoles, 26 de julio de 2017
SURREALISTA
Vimos de rematar un curso escolar cun final que non ten calificativo
posible: surrealista sería algo suave para tal despropósito orquestado
por quenes se chaman políticos, defensores de todos nós. Sei que lles dá
igual todo o que fagamos, falemos ou opinemos. Pero logo de ter pasado
xa máis dun mes dese 22 de xuño vou dar o meu parecer de forma moi
breve.
Non perdoo que ese 23 de xuño, día de dar as vacacións e entregar boletíns, acabara sendo unha mañá de bágoas, tristeza, desacougo, incerteza...Que a miña aula (como as dos outros compañeiros), quedara convertida nun espazo para o pranto e o desgusto.
Non, señores mandamases, non vou perdoar que sen o mínimo atisbo de razón e lóxica viñeran a facer semellante barbarie: "extinguirnos" dun plumazo. Pero quen se creen que son?. Por que o fan?. Señor Feijóo, deixe de mandar emisarios e dé a cara se é que ten un mínimo de decencia!. Seguiremos pedindo explicacións a esta tremenda inxustiza.
EU NON PENSO PERDOAR!.
NONAOPECHEDOMONTECAXADO.

jueves, 6 de julio de 2017
REMATE DUNHA FRUCTÍFERA ETAPA
Chegou o momento de dicir "ata sempre" a un grupo de nenas e nenos que xa forman parte da miña historia logo de ter compartido tanto estes últimos 4 anos.
Moitas e maravillosas vivencias ao longo de todo este tempo. Aprendizaxes mutuos. Experiencias enriquecedoras para min. Lévome momentos moi gratos.
Sodes xeniais e valedes moitísimo, porque se houbo momentos de floxedade foron moitos máis os de fortaleza, coraxe, amizade, compañeirismo e camaradería entre todos e todas.
E aínda que o final deste curso non foi nada normal merecedes estar por enriba de toda esta inxustiza que está a pasar co NOSO COLE.
Sexa como sexa, en setembro quero vervos a todos coa cara de felicidade que non puidestes ter este 23 de xuño.
Moitas grazas por ser como sodes. Medrade con dignidade pero non cambiedes nunca.
Agradecemento extensivo ás 13 familias dos meus nenos e nenas que nos acompañamos mutuamente estes 4 anos.
Disfrutade das vacacións que o merecedes de verdade.
Un bico moi grande para Xulián, Óscar, Eloy, André, Andrea, Noa, Miguel, Érika, Daniel, J. Gabriel, Lara, Destaw e Ainoa.

jueves, 18 de mayo de 2017
CONTOS DO SOL E A LÚA
Fermoso libro da nosa amiga Helena Villar Janeiro con ilustracións de Ana Costas: "Contos do sol e a lúa".
Era un agasallo do GADIS con motivo da celebración das Letras Galegas. Aínda que non temos un por neno e nena imos ver de solucionalo o mellor posible. De entrada estamos compartindo os comezos da súa lectura. E moito nos está gustando. Moitas grazas por esta lindeza!

lunes, 24 de abril de 2017
domingo, 23 de abril de 2017
DÍA DA TERRA E DÍA DO LIBRO
Un fin de semana cunhas conmemoracións para ter moi en conta e que ambas teñen tanta relación.
Sabido é que a cultura e o saber está nos libros...e que mellor que ilustrarse, ler, divertirse, formarse, compartir vivencias...que lendo un libro nesta Terra que para que sega sendo un Planeta verde e azul temos que coidar e preservar.
Feliz conmemoración para todos e todas.
sábado, 8 de abril de 2017
VISITA DE HELENA E SUSO
Este venres tivemos o gusto de que nos visitaran os nosos amigos Helena Villar Janeiro e Suso Rábade Paredes. Puidemos recitarlle uns poemas feitos por nós na aula que moito lles gustaron. Pouco tempo puidemos estar con eles pero xa quedamos para unha vindeira ocasión.
Grazas pola visita amigos!
Grazas pola visita amigos!
viernes, 7 de abril de 2017
VISITA O MAGO BENXAMÍN
Este venres que era día de dar as notas e as vacacións tivemos a actuación do mago Benxamín. Foi todo o alumnado e a actividade foi no pavillón. Pasouse un rato moi divertido.
jueves, 6 de abril de 2017
EXPOÑEMOS MÁIS TRABALLOS
Seguimos a facer traballiños que logo expoñemos. Desta vez tratábase de relacionalos coa agricultura. Houbo moi bos resultados e xa hai melloría na maneira de expoñelo aos compis. Imos no bo camiño!!
miércoles, 5 de abril de 2017
EXCURSIÓN A LUGO
Tocou facer unha saída lúdico-didáctica do máis interesante. Fomos toda a mañá do mércores os cursos de 4º e 5º ata Lugo. Alí visitamos o Museo Provincial e fomos atendidos por unha guía que nos explicou moitas cousas superinteresantes. Tamén fixemos unha pequena andaina por un tramo da Muralla e o profe Pedro foinos contando pinceladas da súa historia. Disfrutamos e aprendimos moito.
E de almorzo un rico chocolate con churros.
E de almorzo un rico chocolate con churros.
lunes, 3 de abril de 2017
VISITAMOS A AULA DE TECNOLOXÍA
Esta mañá puidemos ver como funciona a impresora 3D do noso cole. Grazas ao profe José Manuel que tan ben nolo explicou. Nesta ocasión estaba facendo o soporte para un micrófono. Encantounos a eperiencia.
jueves, 23 de marzo de 2017
MURAL DA PRIMAVERA
Esta semana estivemos a facer varias cousiñas en torno ás conmemoracións dos días da árbore, da poesía e da auga.
As clases de 4º, 5º e 6º coreamos as pezas dun puzzle da primavera que colocamos no taboleiro de AMA. Quedounos ben chulo!
As clases de 4º, 5º e 6º coreamos as pezas dun puzzle da primavera que colocamos no taboleiro de AMA. Quedounos ben chulo!
miércoles, 22 de marzo de 2017
martes, 21 de marzo de 2017
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
A Unesco proclamou en 1999 o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía e
convidou a nacións, entidades e organizacións a que se fixeran eco dunha
celebración que na Galiza ten, cando menos, 400 seguidores e seguidoras
que continúan mantendo o xénero como o máis visitado na creación
galega.
A Comisión da Cultura do Congreso dos Deputados decidiu adicar este ano esa data a Miguel Hernández.
No noso caso imos facer fincapé na poesía de Gloria Fuertes que neste ano cúmplese o centenario do seu nacemento. E como non, seguiremos a ler poesía dos nosos benqueridos amigos Helena Villar Janeiro e Suso Rábade Paredes.

lunes, 20 de marzo de 2017
COMEZA A PRIMAVERA. DÍAS DA ÁRBORE, DA POESÍA E DA AUGA- 21 E 22 DE MARZO
- Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.
- Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.
- Día da Poesía, adoptado durante a 30ª Reunión da UNESCO, celebrada en París en 1999 e que se ven celebrando desde o 2000 en todo o mundo co obxectivo de contribuir á defensa de todas as linguas do mundo a través da expresión poética, denunciando, asimesmo, as privacións da liberdade de expresión.
lunes, 6 de marzo de 2017
ACTIVIDADES POLO DÍA DA MULLER
Como todos os anos, ven sendo habitual que se fagan obradoiros nas aulas con motivo de conmemorar o día da Muller que é o 8 de marzo. Así este luns achegáronse ata as aulas un par de monitoras que fixeron unha actividade sobre a muller na ciencia. Foi entretida e aproveitamos para saber algunha cousa que descoñecíamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)