Vimos de rematar un curso escolar cun final que non ten calificativo
posible: surrealista sería algo suave para tal despropósito orquestado
por quenes se chaman políticos, defensores de todos nós. Sei que lles dá
igual todo o que fagamos, falemos ou opinemos. Pero logo de ter pasado
xa máis dun mes dese 22 de xuño vou dar o meu parecer de forma moi
breve.
Non perdoo que ese 23 de xuño, día de dar as vacacións e entregar
boletíns, acabara sendo unha mañá de bágoas, tristeza, desacougo,
incerteza...Que a miña aula (como as dos outros compañeiros), quedara
convertida nun espazo para o pranto e o desgusto.
Non, señores
mandamases, non vou perdoar que sen o mínimo atisbo de razón e lóxica
viñeran a facer semellante barbarie: "extinguirnos" dun plumazo. Pero
quen se creen que son?. Por que o fan?. Señor Feijóo, deixe de mandar
emisarios e dé a cara se é que ten un mínimo de decencia!. Seguiremos
pedindo explicacións a esta tremenda inxustiza.
EU NON PENSO PERDOAR!.
NONAOPECHEDOMONTECAXADO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario