Tocou facer unha saída lúdico-didáctica do máis interesante. Fomos toda a mañá do mércores os cursos de 4º e 5º ata Lugo. Alí visitamos o Museo Provincial e fomos atendidos por unha guía que nos explicou moitas cousas superinteresantes. Tamén fixemos unha pequena andaina por un tramo da Muralla e o profe Pedro foinos contando pinceladas da súa historia. Disfrutamos e aprendimos moito.
E de almorzo un rico chocolate con churros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario