Como en anos anteriores fixemos actividades conxuntas para conmemorar estas dúas datas tan significativas. A parte de falalo nas distintas aulas, decidimos realizar un traballo grupal de infantil e primaria que consistía en elaborar dúas paredes pola PAZ. Para elo cada neno e nena fixo un ladrillo reciclando un tetrabrick que forraron de papel de cores e nel escribiron unha palabra relacionada coa paz. A verdade é que o resultado foi o que se pretendía.
O venres xuntámonos toda a comunidade educativa no pavillón para cantar e bailar catro cancións alusivas a estas datas en catro linguas diferentes e practicadas na aula de música coas súas profes.
Mostrando entradas con la etiqueta A.M.A e PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A.M.A e PAZ. Mostrar todas las entradas
lunes, 30 de enero de 2017
viernes, 5 de febrero de 2016
METIDOS NO ENTROIDO
Este ano coinciden moi próximas no tempo tres festividades escolares: Día da Educación Ambiental (26 de xaneiro), Día escolar pola Paz (31 de xaneiro) e venres de Entroido (5 de febreiro). Deste xeito eleximos facer o disfraz de cadros de distintos pintores aproveitando e reciclando unha camiseta blanca que houbera pola casa. Nós debuxamos imaxes de Romero Britto, pintor brasileiro que fai uns traballos chulísimos. Aprendimos cancións nos catro idiomas impartidos no centro e que fixeran alusión ao tema medioambiental e da Paz e tamén unhas coreografías ensaiadas coa profe de música, Marita. Fixemos pombiñas con consellos medioambientais que logo colgamos na árbore que temos no patio cuberto.
Este venres desfilamos e representamos todo o traballado nas clases estes días. Igualmente degustamos orellas e freixós coa colaboración da ANPA e do Concello.
FELIZ ENTROIDO!!!
Este venres desfilamos e representamos todo o traballado nas clases estes días. Igualmente degustamos orellas e freixós coa colaboración da ANPA e do Concello.
FELIZ ENTROIDO!!!
jueves, 30 de enero de 2014
CELEBRAMOS A PAZ
Que é cousa de todos os días sabémolo todos e todas pero estas dúas semanas estivemos traballando un pouquiño más este concepto. Como o domingo conmemorábase o Día da Educación Ambiental argallamos facer unha árbore da Paz. Reutilizamos rolos de papel para que nos serviran para facer as polas da nosa árbore reciclada. A verdade é que quedou ben bonita e o máis importante é que foi traballo de todos os nenos e nenas xunto coas súas mestras e mestres.Non podía faltar as cancións que cantamos alusivas a este día e ensaiadas na clase de música.
jueves, 31 de enero de 2013
DÍA DA PAZ
Para conmemorar esta data fixemos un traballo conxunto cos compis de 3º. Compuxemos o Guernica de Picasso facendo un puzzle de pezas xigantes que logo pegamos nun mural . Quedou un traballo ben chuli e moi alegre. A verdade é que se lle deu un aire diferente a esa obra tan coñecida.
Tamén podedes ver algunha foto da pomba que compuxemos no pavillón todo o alumnado do centro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






