E continuando con estas datas de "Entroido reciclado" estivemos a facer os disfraces con cartón que lle dimos forma de piña na casa . Logo na clase decoramos e lle demos a forma da froita. O tema elexido para infantil e primaria foi o de froitas e recolectores das mesmas. Desta forma traballamos o concepto de "Educación Ambiental" reutilizando material inservible para elaborar os nosos disfraces. Igualmente fixemos antifaces con forma de piña.
Como colofón a esos preparativos, o venres de entroido puidemos degustar ricos freixós e orellas que, como todos os anos, nolos dan o Concello e a ANPA.
Por último fixemos o desfile no pavillón e cantamos diferentes cancións adicadas ao Día da Paz ao tempo que bailamos ao ritmo da canción das Froitas. Todo elo ensaiado e preparado coa nosa mestra de Música, Marita.
Mostrando entradas con la etiqueta dia da educación ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia da educación ambiental. Mostrar todas las entradas
viernes, 13 de febrero de 2015
lunes, 26 de enero de 2015
DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Este luns adicámoslle un tempiño na nosa asamblea matinal falar do que pescudaran sobre a celebración desta data. Todos nós estamos tan concienciados do que hai que facer para o coidado do noso Medio Ambiente que logo de expresarnos coa palabra quixemos facer un debuxo indicando actividades en pro deste coidado ao noso Planeta. Logo fomos a pegalas no mural da nosa mascota Amiña.
Etiquetas:
A.M.A,
dia da educación ambiental
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
