lunes, 30 de enero de 2017

DÍA DA PAZ E DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Como en anos anteriores fixemos actividades conxuntas para conmemorar estas dúas datas tan significativas. A parte de falalo nas distintas aulas, decidimos realizar un traballo grupal de infantil e primaria que consistía en elaborar dúas paredes pola PAZ. Para elo cada neno e nena fixo un ladrillo reciclando un tetrabrick que forraron de papel de cores e nel escribiron unha palabra relacionada coa paz.  A verdade é que o resultado foi o que se pretendía.
O venres xuntámonos toda a comunidade educativa no pavillón para cantar e bailar catro cancións alusivas a estas datas en catro linguas diferentes e practicadas na aula de música coas súas profes.
 

jueves, 26 de enero de 2017

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Atendendo ao noso calendario medioambiental, a data a conmemorar en xaneiro é a Educación Ambiental. Coincidindo con ela asistimos a unha xornada convocada por Voz Natura nas instalacións da Voz na Coruña. Tratábase de conmemorar os 20 anos de compromiso que levan dende este programa en todos os coles de Galicia que están adscritos a el...e que son moitos. Nós como AMA xa levamos 21 anos estando aí e dende o primeiro ano de Voz Natura nós camiñamos con eles. Foi moi interesante ter asistido e compartido con mestres implicados no mesmo que estamos nós. As encargadas de asistir fomos Angeles e eu.


miércoles, 25 de enero de 2017

XOGOS NA CAPELA

Por segunda vez achegámonos nenos e nenas de 3º e 4º ata o cole da Capela onde nos esperaban para compartir unhas horas de xogos no pavillón do seu cole. Disfrutamos moito facendo xogos por grupos e turnándonos, de maneira que todos pasaron por todos. Acompañounos unha nai de 3º, Pedro e a coidadora. Tamén visitamos o museo do xoguete que teñen dentro do seu cole e unha biblio moi chula. Moitas grazas pola estupenda acollida.

 

viernes, 20 de enero de 2017

VISITAMOS A BIBLIOTECA

Hoxe achegámonos ata a biblioteca do centro na hora de Relixión e Alternativa. Fomos con Ana que nos explicou o funcionamento dos marcapáxinas que estivemos a facer o primeiro trimestre. Desa forma tamén comezamos a utilizar de forma diferente os nosos carnés da biblioteca. Mirade que chuli quedou o clasificador dos marcapáxinas!!.



lunes, 16 de enero de 2017

GRAZAS E BENVIDA

Ola a todos e todas. Chegou o momento de retomar este blog logo duns meses parado .
E que mellor que facelo dando as grazas a Lorena, mestra que estivo na aula de 4º levando o primeiro trimestre todo o peso do curso. Dámoslle as grazas de novo e convidámola a que se pase por aquí sempre que queira e poda. Dende aquí enviámosche a maior sorte na túa seguinte incursión no ensino.

E tamén quero agradecerlles o recebemento que hoxe me fixeron as nenas e nenos de 4º. Chegar á aula esta mañá e ver o mural primeiro e logo as cariñas de todos vós faime sentir algo tan fermoso como se fora o primeiro día dunha fructífera andaina nesta profesión maravillosa.

Un bico para Lorena e nenas e nenos de 4º.