Como en anos anteriores fixemos actividades conxuntas para conmemorar estas dúas datas tan significativas. A parte de falalo nas distintas aulas, decidimos realizar un traballo grupal de infantil e primaria que consistía en elaborar dúas paredes pola PAZ. Para elo cada neno e nena fixo un ladrillo reciclando un tetrabrick que forraron de papel de cores e nel escribiron unha palabra relacionada coa paz. A verdade é que o resultado foi o que se pretendía.
O venres xuntámonos toda a comunidade educativa no pavillón para cantar e bailar catro cancións alusivas a estas datas en catro linguas diferentes e practicadas na aula de música coas súas profes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario