Ola a todos e todas. Chegou o momento de retomar este blog logo duns meses parado .
E que mellor que facelo dando as grazas a Lorena, mestra que estivo na aula de 4º levando o primeiro trimestre todo o peso do curso. Dámoslle as grazas de novo e convidámola a que se pase por aquí sempre que queira e poda. Dende aquí enviámosche a maior sorte na túa seguinte incursión no ensino.
E tamén quero agradecerlles o recebemento que hoxe me fixeron as nenas e nenos de 4º. Chegar á aula esta mañá e ver o mural primeiro e logo as cariñas de todos vós faime sentir algo tan fermoso como se fora o primeiro día dunha fructífera andaina nesta profesión maravillosa.
Un bico para Lorena e nenas e nenos de 4º.
2 comentarios:
Eu tamén quero saúdar e mandarvos moitos bicos. Desexo que este ano 2017 sexa boísimo para todos vós!
Moitas grazas Angeles. Igualmente para ti. Un bico grande.
Publicar un comentario