Como había algo de tempo ata que chegar o tren que nos levaría ata Santiago achegámonos ata o Parque Botánico. Unha preciosidade de entorno. Alí xogamos un rato.
Subimos no tren e algún de nós un pelín nervosos xa que era a 1ª vez.
O xantar non puido ser na Alameda xa que chovía nesos momentos e fomos ata un lugar cuberto para comer con tranquilidade .
Sobre das 4 da tarde levounos o autobús ata preto da Catedral. Camiñamos sobre unha hora vendo a fermosura do entorno da Catedral coas súas prazas e edificios maxestuosos e moi ben explicados por Anxel que fixo de guía do grupo de 1º e 2º. Cantas cousas aprendimos. Moitas grazas por ternos acompañado ese ratiño.
Pasaba algo das 7 da tarde cando chegamos ao cole xa de volta.
Gustounos moito e aprendimos un montón!!
2 comentarios:
Foi un pracer acompañarvos! E agardámosvos cando decidades voltar :)
Bicos mil!
Graciñas a volos dous por amosarnos un cachiño de Santiago dun xeito tan didáctico. Biquiños
Publicar un comentario