jueves, 30 de diciembre de 2010

BO NADAL!!!!!!!!!!!






Os meus mellores desexos para todos vós. Que disfrutedes destas vacacións e que veñamos cheos de enerxía para o novo ano.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL



No día de hoxe baixamos ata Dopeso para celebrar o festival de infantil e primaria. Houbo actuacións por parte de todos os cursos. Cantáronse varias panxoliñas, bailáronse algunhas delas e houbo recitado tamén. Grazas, como sempre, á nosa profe Marita que é na súa clase de música onde se ensaia e traballa a maior parte destas actuacións. Polo medio desas intervencións fomos intercalando a entrega de premios do calendario medioambiental 2011. E todo isto baixo a atenta mirada dun fermoso decorado que puxéramos o día anterior e do que foi artífice o mestre José Mª. Foi unha xornada entretida e divertida na que disfrutamos moito todos o que alí estivemos.

lunes, 20 de diciembre de 2010

PINTURA DE LUIS SEOANE










Unha das actividades deste mes foi a de compoñer un dos debuxos que forman o conxunto das pinturas que adornan o patio do centro. Nós fixemos a composición titulada "paxaros e sol".Traballamos todos e todas nel. Ao final saíu un cadro ben chuli. A nós gustounos moito!!!!!!!.

viernes, 26 de noviembre de 2010

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS: FRAGAS DO EUME




Nesta semana adicamos dous días a escoitar a Roberto Hermida, membro da asociación medioambiental DROSERA, na nosa biblioteca.
Falounos dos bosques autóctonos, da súa importancia, da súa biodiversidade tanto vexetal como animal. Sabe moitísimo das nosas Fragas do Eume. Tamén do entorno do río Eume.
Veu o martes para estar con nenos e nenas de secundaria. O venres foron infantil e primeiro ás dez e media e de 11 a 12 horas fomos os cursos dende 2º a 6º.
Vimos unhas fotos preciosas e escoitámolo con moita atención.
Aprendimos moito.
Moitas grazas, Roberto, pola túa boa disposición para colaborar con nós!!!!!!!!!!!

martes, 23 de noviembre de 2010

DÍA DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

O Parque Natural das Fragas do Eume foi creado no ano 1.997, ten unha superficie de 9.125 Ha ., e abrangue os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, As Pontes e Pontedeume.

As fragas do río Eume son un dos últimos reductos representativos do que foi o bosque autóctono que cubría Galicia. Destacan pola súa biodiversidade, atopándose nelas ata 23 especies distintas de árbores, 21 de fentos , 250 de liques e brións, 100 de fungos e 126 de animais vertebrados (en moitos casos especies protexidas pola súa rareza ou escasez).


sábado, 20 de noviembre de 2010

OS DEREITOS DA INFANCIA

Non chega con adicarlle un día. Temos que facelo os 365 días de todos os anos.
ELES E ELAS NECESÍTANNOS!!!!!!!!!!!!!!!!


viernes, 12 de noviembre de 2010

MAGOSTO

Logo de rematar os nosos colares tocou baixar ao recreo, onde nos esperaban ricas castañas asadas e batidos de chocolate. Todo esto grazas aos membros da ANPA que sempre se preocupan de que esta festa saia tan apetitosa. Para rematar a xornada non podían faltar os xogos tradicionais. Fixémolos no patio e estiveron organizados polo noso profe Pablo e coa colaboración de todo o equipo de mestres de infantil e primaria. Tamén en Secundaria tiveron esta xornada con actividades preparadas para eles. Foi unha xornada moi divertida!!!!!!!!!!!!!!

MAGOSTO

Este venres celebramos nas aulas e en todo o centro a festa da castaña. Nós comezamos cocendo algunhas, xa que non chegaran as que viñan cocidas das casas, para poder elaborar o noso colar de "zonchos". Esta é unha tradición dos nosos antergos. Consistía en facer colares logo de cocer as castañas con monda e poñéndolles unhas poliñas de fiúncho. Estábamos tod@s ben guap@s !!!!!!!

viernes, 5 de noviembre de 2010

MENUD@S COCIÑEIR@S !!!!!!!!!!!!!!!

Hoxe propuxémonos levar adiante unha actividade ben diferente. O libro propoñía unha receita dun biscoito que tiña moi boa pinta. Decidimos traer cada un de nós un ingrediente e, logo de xuntar todo o material puxémonos mans á obra. Total que acabamos comendo un rico biscoito feito polas nosas mans. E non vexades que boísimo estaba!!!!!.
Por se vos apetece facelo os ingredientes son: 4 ovos, 200 gr de nata, 200 gr de azucre, un sobre de levadura, 200 gr de fariña e unhas poucas uvas pasas.
E bo proveito!!!!!!!!!!!


jueves, 4 de noviembre de 2010

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


"A negación da existencia de ciencia en galego e de ciencia galega terá importantes consecuencias no futuro do país, xa que transmite a idea preconcibida dun pobo sen pasado, sen ciencia, dun pobo colonizado, incapaz de xerar cultura científica, de modo que o alumnado aprenda a resignarse a ser mera man de obra dos científicos doutros países", salienta este escrito.

"Que a lingua galega é un vehículo natural para a Ciencia amósase e demóstrase na gran cantidade de publicacións en lingua galega do profesorado de Ciencias galego", nos congresos, exposicións, concursos, obradoiros, proxectos de tecnoloxía como os recollidos na web da Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia.

Nese día "reclamaremos que os galegos teñamos quen nos comunique as novas, quen nos dea conta dos últimos achados dunha forma rigorosa e crítica. Reclamamos a ciencia, o galego, e a Ciencia en Galego", engade.

O Día da Ciencia en Galego dedicarase a Afonso X, Ramón María Aller e James Clerk Maxwell. "A temática ben se pode agrupar arredor de Atopa o galego na Lúa ou Co galego chegamos á Lúa, xa que os tres homenaxeados teñen un cráter dedicado na Lúa: Atopar eses cráteres pode ser un dos exemplos de actividades nos que se dea a coñecer a imaxe de marca da Ciencia en galego: autoestima galega e poder da ciencia en galego. Un científico universal, Afonso X, que falaba galego, un dos grandes poetas galegos, ten merecidamente un cráter denominado Alphonsus polas súas contribucións á Ciencia europea mediante as traducións da ciencia árabe", afirma o documento.

"O cráter Aller-Atwood homenaxea un astrónomo que promove a modernización científica galega do seu tempo e funda o primeiro observatorio astronómico galego. A primeira Facultade de Ciencia galega é herdeira do seu labor", sinala

"James Clerk Maxwell é o noso modelo de científico galego futuro. Un científico universal, da nosa área atlántica, xenial como queremos que sexan os nosos novos científicos e as nosas novas científicas",


jueves, 28 de octubre de 2010

TEMPO DE OUTONO: COGUMELOS E SAMAÍN





Ao longo destes días fixemos actividades relacionadas coa estación na que estamos. Entre elas trouxemos, cada un de nós, froitos desta época cos que fixemos unha exposición e logo degustamos, como no caso do día que asamos castañas das recollidas no patio.
Igualmente elaboramos un traballo de cogumelos feitos con masa moldeada que lle dimos cor e colocamos nunha máis grande formando un Carrusel de pequenos cogumelos. Este traballo presentámolo para o concurso que organiza o concello con ocasión de celebrar esta feira na nosa vila.
Tamén coreamos e recortamos folliñas para completar o mural da entrada. Por último, este xoves, achegámonos ata a biblioteca para escoitar un fermoso conto "A bruxa Regañadentes", coa voz estupenda de Oliva e cunha biblioteca ambientada para a ocasión . Había un montón de cabazas decoradas na clase de inglés coa súa profe Angeles.
Gustounos moito e pasamos un rato divertido.

lunes, 18 de octubre de 2010

SEMENTAMOS CASTAÑAS

Seguindo coas actividades de outono tocounos esta semana baixar ao viveiro para sementar as castañas que tiñamos xa apartadas para tal fin. Ese día coincidimos cos nenos e nenas de 4º e o seu mestre José Mª. Fixo un día estupendo de sol. Logo de encher os testos con terra e ter a castaña xa dentro decidimos levalas para a aula para coidalas ata que agromen e que podamos levalas para o viveiro .
Esperamos conseguir fermosos castiñeiros.

jueves, 7 de octubre de 2010

LECTURAS NA BIBLIOTECA

Comezamos neste mes de outubro a adicarlle un día da semana a facer visitas á nosa biblioteca. Alí seguimos a divertirnos con todo o que podemos ler, observar, manipular e aprender.








Resulta unha actividade do máis completa porque parece, sempre que vamos, que non chega o tempo a nada.

lunes, 20 de septiembre de 2010

SEMENTAMOS NABOS



Neste mes tamén visitamos o viveiro e o horto. Neste último sementamos os nabos logo de preparar o terreo. Tivemos que regalo moito xa que a terra estaba moi seca. Agora toca esperar a que medren e que podamos facer un pouquiño caldo.

lunes, 13 de septiembre de 2010

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!!!!!!!!!!!!!!!!

Chegou setembro e con el remata o tempo de vacacións de verán. Xa estamos preparados para unha nova andaina. Coñecémonos tod@s e iso non debería de ser malo, de feito xa temos un pequeno treito adiantado con respecto a setembro do ano pasado.
Quero darvos a benvida a un curso de 2º que, estou segura, vai a ser unha estupenda experiencia para todos nós: nenas/os, pais, nais e mestres.
Eu estou moi ilusionada e con moitas ganas de que esto sexa así. Para elo conto coa colaboración de tod@s vós.
E agora van unhas fotos destes dous primeiros días na aula.


lunes, 21 de junio de 2010

FIN DE CURSO

Como remate deste curso houbo este luns varias actividades. A 1ª foi unha merenda na cafetería do cole que compartimos coa clase de 2º .Estaba todo moi rico!!!!!!!!!!
Logo do recreo houbo un festival de música e baile no pavillón . Participamos todos os cursos e pasámolo moi ben.



Vémonos en setembro!!!!!!!!!
Boas vacacións e feliz verán!!!!!!!!!!!!!!

viernes, 18 de junio de 2010

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Este venres fixemos a última saída deste curso e tamén a máis longa. Fomos os cursos de 1º e 2º xunto coas titoras e Blanca e Marga que nos acompañaron. O día estivo moi bo e aproveitámolo ben.
Saímos cara a Santiago ás 9 e media da mañá e o primeiro foi facer uns obradoiros de consumo cunhas monitoras moi simpáticas que nos ensinaron cousas moi interesantes sobre protección nos diferentes traballos e saúde no traballo.
Logo o autobús levounos ata a Alameda para xantar alí á sombriña das árbores. Ao rematar camiñamos un cachiño ata a Praza do Obradoiro onde estivemos contemplando a fermosura da Catedral.



Outra actividade programada foi a visita á MUPEGA onde un guía moi agradable amosounos as diferentes dependencias. Gustounos moito todo pero sobre todo ver como era unha escola dos nosos antergos e os xogos e xoguetes que había daquelas. A verdade é que nós xa non nos sorprendeu tanto como a nenos de outros coles xa que xogamos coa vantaxe de ter no noso Centro un estupendo Museo Etnográfico.
E como colofón deste día tan xenial fomos en autobús ata o Monte do Gozo. Alí merendamos e xogamos no parque.




FOI O NOSO PARTICULAR ANO XACOBEO!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, 16 de junio de 2010

QUE RICA MERENDA!!!!!!!!!!!!!

Hoxe ocorreusenos traer a algúns de nós froitas variadas e chocolate para derretir. A verdade é que resultou unha boa idea. Os cachiños de froita mollados en chocolate quente estaban deliciosos!!!!!!!!!.
Hai que repetir outro día!!!!!!!!



sábado, 5 de junio de 2010

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E VOZ NATURA




Que mellor día que hoxe para coincidir a festa de Voz Natura co día Mundial do Medio Ambiente.
Como vimos facendo todos estes anos, un grupo de mestras, de alumn@s e pais/ nais fomos pasar esta xornada de sábado a Culleredo . É alí onde se celebra a festa de remate de curso para os centros que participaron neste programa medioambiental. Estivo todo moi ben pero sobre todo o disfrute foi para os máis pequenos que son os protagonistas de verdade. Moitas grazas a todos os que participaron este sábado desta festa nun día tan sinalado como é o 5 de xuño!!!!!!!!!!!!!