Este venres fixemos a última saída deste curso e tamén a máis longa. Fomos os cursos de 1º e 2º xunto coas titoras e Blanca e Marga que nos acompañaron. O día estivo moi bo e aproveitámolo ben.
Saímos cara a Santiago ás 9 e media da mañá e o primeiro foi facer uns obradoiros de consumo cunhas monitoras moi simpáticas que nos ensinaron cousas moi interesantes sobre protección nos diferentes traballos e saúde no traballo.
Logo o autobús levounos ata a Alameda para xantar alí á sombriña das árbores. Ao rematar camiñamos un cachiño ata a Praza do Obradoiro onde estivemos contemplando a fermosura da Catedral.
Outra actividade programada foi a visita á MUPEGA onde un guía moi agradable amosounos as diferentes dependencias. Gustounos moito todo pero sobre todo ver como era unha escola dos nosos antergos e os xogos e xoguetes que había daquelas. A verdade é que nós xa non nos sorprendeu tanto como a nenos de outros coles xa que xogamos coa vantaxe de ter no noso Centro un estupendo Museo Etnográfico.
E como colofón deste día tan xenial fomos en autobús ata o Monte do Gozo. Alí merendamos e xogamos no parque.
FOI O NOSO PARTICULAR ANO XACOBEO!!!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario