Chegou setembro e con el remata o tempo de vacacións de verán. Xa estamos preparados para unha nova andaina. Coñecémonos tod@s e iso non debería de ser malo, de feito xa temos un pequeno treito adiantado con respecto a setembro do ano pasado.
Quero darvos a benvida a un curso de 2º que, estou segura, vai a ser unha estupenda experiencia para todos nós: nenas/os, pais, nais e mestres.
Eu estou moi ilusionada e con moitas ganas de que esto sexa así. Para elo conto coa colaboración de tod@s vós.
E agora van unhas fotos destes dous primeiros días na aula.
1 comentario:
Xa estamos aquí. O verán sempre pasa rápido, (ata pode ser que non desconectemos de todo) Recelamos comezar pero cando vemos aos nosos alumnos/as xa nos animamos. Que morenos e que guapos están!. Moitos bicos para todos/as!
Publicar un comentario