Este ano coinciden moi próximas no tempo tres festividades escolares: Día da Educación Ambiental (26 de xaneiro), Día escolar pola Paz (31 de xaneiro) e venres de Entroido (5 de febreiro). Deste xeito eleximos facer o disfraz de cadros de distintos pintores aproveitando e reciclando unha camiseta blanca que houbera pola casa. Nós debuxamos imaxes de Romero Britto, pintor brasileiro que fai uns traballos chulísimos. Aprendimos cancións nos catro idiomas impartidos no centro e que fixeran alusión ao tema medioambiental e da Paz e tamén unhas coreografías ensaiadas coa profe de música, Marita. Fixemos pombiñas con consellos medioambientais que logo colgamos na árbore que temos no patio cuberto.
Este venres desfilamos e representamos todo o traballado nas clases estes días. Igualmente degustamos orellas e freixós coa colaboración da ANPA e do Concello.
FELIZ ENTROIDO!!!
5 comentarios:
hola
Hola soi andrea, no entroido me lo pase moi ben, pero sempre o fago. Porque na miña aula facemos cousas impresionantes. pero o que mais me gusta e que todo o facemos todos xuntos. Un saudo.
Moitas grazas Andrea. Encántame verte por aquí. Un gustazo tervos como parte da miña vida. Un biquiño.
Ola Fina! Son Erika gustame moito o teu blog , saimos todos moi guapos nas fotos.Temos que volver a plantar pronto.Un biquiño
Graciñas Érika. Como me gusta lerte. O blog é voso, faise coas actividades e as vivencias que aportades todos e todas. Guapos e guapas non saides , sódelo. Un bicote
Publicar un comentario