miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe estivemos na biblioteca compartindo con outros cursos unha experiencia ben bonita. Estreamos os novos carnés da biblio e levamos un libro en galego para ler na casa. Escribimos unha palabra que relacionáramos con Rosalía nun libro das Palabras Fermosas. Recitamos en voz alta poemas de Rosalía. Escoitamos cantar a unha compañeira de secundaria que o fai moi ben, Antía, e tamén a acompañamos xa que sabemos o poema de "Adiós ríos, adiós fontes".
Temos que agradecer as profes Loli, Angeles, Ana e Oliva o bonita que deixaron a nosa biblio e o que curraron para ternos preparados eses carnés tan chulis. Un bico para elas.








martes, 23 de febrero de 2016

CONMEMORAMOS A ROSALÍA

Sabido é que na nosa aula temos un cariño especial a algunhas escritoras e escritores. No caso delas lembramos, sempre que temos ocasión, a Helena Villar Janeiro e a Rosalía de Castro. O que máis nos engaiola delas é a súa poesía.
Este 24 de febreiro adícase á Rosalía coincidindo coa súa data de nacemento (24 de febreiro de 1837). 
Deixo nesta entrada un par de reproducións de cadros pintados por un amigo pintor e que veu unha Rosalía xoven e un simbolismo curioso noutro cadro con maior colorido. Desta forma:
  • A franxa de cor azul é en lembranza da bandeira de Galicia
  • A franxa de cor vermello, cunha liña fina máis clara no centro, é en lembranza de Breogán: "...o raio transparente do prácido luar..."
  • A cor negra do pelo e da chaqueta é pola Negra Sombra de Rosalía
  •  A mesma chaqueta parece recordar ao vestido das "festas".
  • Os entrantes azuis na chaqueta foron pintados pensando nas Rías Galegas.
  • Por último leva pintado o G de Galicia



 O pintor é Heber Luis Gil Ameixeiras

viernes, 5 de febrero de 2016

METIDOS NO ENTROIDO

Este ano coinciden moi próximas no tempo tres festividades escolares: Día da Educación Ambiental (26 de xaneiro), Día escolar pola Paz (31 de xaneiro) e venres de Entroido (5 de febreiro). Deste xeito eleximos facer o disfraz de cadros de distintos pintores aproveitando e reciclando unha camiseta blanca que houbera pola casa. Nós debuxamos imaxes de Romero Britto, pintor brasileiro que fai uns traballos chulísimos. Aprendimos cancións nos catro idiomas impartidos no centro e que fixeran alusión ao tema medioambiental e da Paz e tamén unhas coreografías ensaiadas coa profe de música, Marita. Fixemos pombiñas con consellos medioambientais que logo colgamos na árbore que temos no patio cuberto.
Este venres desfilamos e representamos todo o traballado nas clases estes días. Igualmente degustamos orellas e freixós coa colaboración da ANPA e do Concello.
FELIZ ENTROIDO!!!





martes, 2 de febrero de 2016