O xoves pasado visitamos a plantación de verduras e xa vimos que medrara moito e limpamos algunhas herbas que podían entorpecer ese crecemento.
Xa este xoves decidimos recoller unhas leitugas e acelgas. Queríamos facer unha salada para o recreo dde hoxe venres. A profe engadiu un pouco pan e uns tomates. Nós lavamos moi ben a verdura e aliñámola para comer un bocata de leituga. A uns gustoulle máis que a outros, pero varios repetiron. Como lle prestou a profe vernos comer tan san!.
Non diredes que non estamos feitos uns cociñeiros de primeira!!!
jueves, 28 de mayo de 2015
viernes, 22 de mayo de 2015
PREMIADOS NO CONCURSO DO RECICLADO E CERTAME DAS LETRAS GALEGAS
No día de hoxe fixemos entrega dos agasallos que levaron os premiados tanto no concurso de reciclado como no certame das letras galegas convocados, respectivamente, por AMA e pola ANPA.
Da nosa clase teño que felicitar a todos e todas por participar con traballos ben currados e bonitos. Pero como había que elexir e valorar sairon premiados os de Andrea como primeiro premio do redciclado e o de Noa e tamén os de Xulián e Érika. Parabéns dobles para eles catro.
Da nosa clase teño que felicitar a todos e todas por participar con traballos ben currados e bonitos. Pero como había que elexir e valorar sairon premiados os de Andrea como primeiro premio do redciclado e o de Noa e tamén os de Xulián e Érika. Parabéns dobles para eles catro.
Etiquetas:
premios reciclado e letras galegas
miércoles, 20 de mayo de 2015
VISITA AO CASTRO DA UZ
Esta mañá visitamos o instituto que temos preto do cole. O motivo era ben fermoso: íamos coñecer unha Alameda de árbores Celtas traballada por alumnos e alumnas xunto con algúns profes durante estes últimos anos. Entre eses profes están a mestra de galego, Chelo e o de relixión, J. Antonio Soto. Eles recibíronnos xunto co director e un par de alumnas que moi amablemente foron explicándonos de que se compoñía esa alameda. Unha das razóns polas que fomos era que unha das árbores está adicada á nosa benquerida amiga Helena Villar Janeiro. E queda claro que imos procurar estar o día da súa inauguración que será o vindeiro 18 de xuño.
Queremos dar os parabéns por este traballo tan ben feito e tan didáctico. E agradecer de corazón o bo recebemento que tivemos por parte das persoas que nos atenderon.
Moitas grazas!!!
Queremos dar os parabéns por este traballo tan ben feito e tan didáctico. E agradecer de corazón o bo recebemento que tivemos por parte das persoas que nos atenderon.
Moitas grazas!!!
lunes, 18 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS
Sabemos que este ano o escritor homenaxeado é X. Filgueira Valverde. Nestes días estivemos traballando sobre a figura deste autor galego pero o que máis fixemos foi ensaiar a obra que logo representamos este luns no cine Alovi con motivo do festival que facemos todos os anos. Escollimos a obriña musicada "A voda do piollo e a pulga" que practicamos con Marita nas clases de música e tamén na nosa aula. A verdade é que quedamos moi contentos de como nos saiu. Tamén temos que agradecer a colaboración de nais e pais.
miércoles, 13 de mayo de 2015
ESCAPADA AO BAÑAL
No día de hoxe e aproveitando que o alumnado de 2º da ESO ía a repoñer árbores no Bañal o curso de 2º de primaria fomos tamén. Disfrutamos unha horiña vendo como estaban medradas as árbores que alí hai. Axudamos a colocar ben algúns buxos que conforman a tartaruga, sacamos auga do pozo e correteamos polo medio das xestas floridas. Unha forma divertida e didáctica de seguir aprendendo co proxecto no que andamos que é o das Plantas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)