Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saídas. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de enero de 2016

VISITAMOS A CAPELA: MUSEO ETNOGRÁFICO E COLEXIO

Este xoves tivemos unha xornada do máis interesante. Fomos os cursos de 2º e 3º de Primaria coas titoras e o mestre de E.F. xunto con dúas nais, ata A Capela. De entrada achegámonos ata o Museo Etnográfico que está ubicado nunha fermosa casa  e alí estaba Secundino agardándonos para amosarnos todo o que alí había. Aínda que no noso cole temos prácticamente todo, parecía como se nunca víramos certas cousas. Gustounos moito as explicacións de Secundino.
Á media mañá estabamos no cole xa que alí contaban con nós tanto Xabier, mestre responsable de Brinquedos, como nenos e nenas de 2º e 3º que ian facer de monitores cos nosos alumnos. Varios foron os xogos tradicionais que puidemos compartir e disfrutar no pavillón: as chapas, a corda, a mariola, o peón, os zancos, a zorregada...
Daba gusto o ben organizados que estaban eses nenos e nenas, e o limpo e ordeado que tiñan todo o recinto de xogos...Sempre se aprende con estas visitas.
Moitas grazas a todos e todas!!. Voltaremos outro día xa que quedaron cousas por ver como o Museo do Xoguete e do Xogo.







miércoles, 20 de mayo de 2015

VISITA AO CASTRO DA UZ

Esta mañá visitamos o instituto que temos preto do cole. O motivo era ben fermoso: íamos coñecer unha Alameda de árbores Celtas traballada por alumnos e alumnas xunto con algúns profes durante estes últimos anos. Entre eses profes están a mestra de galego, Chelo e o de relixión, J. Antonio Soto. Eles recibíronnos xunto co director e un par de alumnas que moi amablemente foron explicándonos de que se compoñía esa alameda. Unha das razóns polas que fomos era que unha das árbores está adicada á nosa benquerida amiga Helena Villar Janeiro. E queda claro que imos procurar estar o día da súa inauguración que será o vindeiro 18 de xuño.
Queremos dar os parabéns por este traballo tan ben feito e tan didáctico. E agradecer de corazón o bo recebemento que tivemos por parte das persoas que nos atenderon.
Moitas grazas!!!



martes, 23 de marzo de 2010

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Esta mañá de martes fomos de visita cinco clases do noso centro ao Aquarium Finisterrae da Coruña. Aproveitamos a iniciativa por parte de Voz Natura, xa que somos un dos centros que leva moitos anos participando deste Programa medio ambiental, e que tiñamos a entrada gratuita ao tempo que houbo monitoras que, por grupos, nos foron explicando e amosando algúns dos entresixos do que alí nos podemos atopar.
A viaxe durou toda a mañá e viñemos moi contentos de pasar por esa experiencia.
A nosa clase de 1º aprendimos moito e gustounos todo o que vimos. Será que o mundo mariño é tan misterioso coma relaxante!!!!!!.
Unha novidade é que o noso compañeiro David veu con nós e a súa cariña de ledicia xunto coa do resto de compis merece un BRAVO!!!!!!!.
Un bico para vós e as grazas a Pablo que nos acompañou.