jueves, 28 de mayo de 2015

NO INVERNADOIRO XA TEMOS VERDURA RICA......FACEMOS ENSALADA

O xoves pasado visitamos a plantación de verduras e xa vimos que medrara moito e limpamos algunhas herbas que podían entorpecer ese crecemento.
Xa este xoves decidimos recoller unhas leitugas e acelgas. Queríamos facer unha salada para o recreo dde hoxe venres. A profe engadiu un pouco pan e uns tomates. Nós lavamos moi ben a verdura e aliñámola para comer un bocata de leituga. A uns gustoulle máis que a outros, pero varios repetiron. Como lle prestou a profe vernos comer tan san!. 




 Non diredes que non estamos feitos uns cociñeiros de primeira!!!



1 comentario:

Unknown dijo...

Que bos métodos de ensinanza! Nada mellor que rodearse de natureza e que aprendan como medra o que nos rodea.
Biquiños e parabens!