sábado, 28 de febrero de 2015

VOLTAMOS A COCIÑAR: ROSCOS DE BLANCA

Este venres cociñamos de novo unha rica sobremesa. Neste caso a profe Blanca ensinounos a facer unhas roquiñas que estaban para chuparse os dedos. Participamos neste obradoiro a nosa clase de 1º e os compis de 2º coa súa profe Loli.
Aquí vos deixamos a receita por se alguén se anima:
-3 ovos
-un vaso de leite
-un vaso de aceite
-un vaso e medio de azucre
-3 culleradas de anís
-Riladura dun limón
-Papeliños gasosa 3
-Fariña a que admita (sobre un kilo)
Deixar repousar a masa un rato. Logo hai que liar as rosquiñas e darlles forma. Fritir en abundante aceite moi quente. Escurrir ben e rebozar en azucre e canela.
E a saborealas que merece a pena!!!!!. Graciñas Blanca!!!!!

martes, 24 de febrero de 2015

ROSALÍA CONTINÚA: ANFITRIONA HELANA VILLAR JANEIRO

Remata o 24 de febreiro pero nós continuamos lembrando a súa obra e a súa vida grazas a que hai quen nos axuda a elo.
Mirade que vídeo tan fermoso.

ROSALÍA SEMPRE VIVA

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía. Para nós é unha muller escritora moi importante. Adicamos bastante tempo a estudar a súa obra. Xa o pasado ano representamos os seu poema "Un repoludo gaiteiro" no Festival das Letras Galegas. Neste curso seguimos a traballar ese mesmo poema e "Adiós ríos, adiós fontes". Neste martes estivemos recitando, cantando, debuxando e decorando a Rosalía de Castro.

ROSALÍA DE CASTRO
(1837 – 1885)
Naceu en Santiago de Compostela un 24 de febreiro e pouco sabemos de cando era pequena. Viviu entre Ortoño e Padrón, non coñecemos ao seu pai pero si lle sabemos o segundo nome: Rosalía Rita.
A Rosalía, na escola, gustábanlle moito o debuxo, a música e recitar.
Cando foi maior, casou cun xornalista galego chamado Manuel Martínez Murguía. Con el tivo seis fill@s.
Cambiou moitas veces de domicilio por mor do traballo do seu home. Viviu en Madrid, Lugo, Simancas, a Coruña, Santiago, Lestrobe, Estremadura, Alacant, etc.
Rosalía nunca tivo moi boa saúde e, ademais, a morte d@s fill@s non axudaron a que estivera ben.
Compuxo os seus primeiros poemas cando tiña doce anos e ós dezasete xa era coñecida no "Liceo de San Agustín" de Santiago grazas ó seu primeiro libro La Flor.
O seu home animouna a publicar as cousas que escribía e foi unha das escritoras máis importantes do Rexurdimento galego e do Romanticismo español.
Morreu moi nova, ós corenta e oito anos, en Padrón. A súa casa é hoxe un museo que podemos visitar.




viernes, 13 de febrero de 2015

ENTROIDO

E continuando con estas datas de "Entroido reciclado" estivemos a facer os disfraces con cartón que lle dimos forma de piña na casa . Logo na clase decoramos e lle demos a forma da froita. O tema elexido para infantil e primaria foi o de froitas e recolectores das mesmas. Desta forma traballamos o concepto de "Educación Ambiental" reutilizando material inservible para elaborar os nosos disfraces. Igualmente fixemos antifaces con forma de piña.
Como colofón a esos preparativos, o venres de entroido puidemos degustar ricos freixós e orellas que, como todos os anos, nolos dan o Concello e a ANPA.
Por último fixemos o desfile no pavillón e cantamos diferentes cancións adicadas ao Día da Paz ao tempo que bailamos ao ritmo da canción das Froitas. Todo elo ensaiado e preparado coa nosa mestra de Música, Marita.


jueves, 12 de febrero de 2015

VISITAMOS O EROSKI

Logo de ter traballado o proxecto dos alimentos quedábanos pendente unha visita polo supermercado que máis preto temos do noso centro. Fomos os cursos de 1º e 2º coas nosas mestras. Fixemos un percorrido por algunhas das seccións máis importantes, en todo momento estivemos acompañados por Cristina, persoa encargada desta gran tenda. Dende aquí dámoslle as grazas tanto a ela como a quenes colaboraron para que esta visita fora tan productiva. Rematamos o percorrido merendando moi san con froitas e zumes que nos tiñan preparado nunha estupenda mesa. E por riba cada un de nós trouxemos unha mochila con galletas, zumes e froitas.
Moitas grazas!!!!!

miércoles, 11 de febrero de 2015

FACEMOS FREIXÓS E ORELLAS

Estamos inmersos nas datas do Entroido e por iso animámonos a facer unha sobremesa típica destas datas. Disfrutamos moito facéndoas e logo coméndoas no recreo. A verdade é que chegaron a pouco pero aquí vos deixamos a receita para os que queiran animarse:
4 ovos, 400 g de leite, 250 g de fariña, unha cullerada de manteiga, un pelisco de sal e 3 culleradas de anís.
Debían de estar boas que non quedou ningunha. Pero compartimos cos compis de 1º e con algúns profes que se pasaron pola aula.



Aquí podemos ver como colaboramos facendo as orellas na clase de 1º. Tamén estaban ben boas!!!!