Este 24 de febreiro adícase á Rosalía coincidindo coa súa data de nacemento (24 de febreiro de 1837).
Deixo nesta entrada un par de reproducións de cadros pintados por un amigo pintor e que veu unha Rosalía xoven e un simbolismo curioso noutro cadro con maior colorido. Desta forma:
- A franxa de cor azul é en lembranza da bandeira de Galicia
- A franxa de cor vermello, cunha liña fina máis clara no centro, é en lembranza de Breogán: "...o raio transparente do prácido luar..."
- A cor negra do pelo e da chaqueta é pola Negra Sombra de Rosalía
- A mesma chaqueta parece recordar ao vestido das "festas".
- Os entrantes azuis na chaqueta foron pintados pensando nas Rías Galegas.
- Por último leva pintado o G de Galicia
O pintor é Heber Luis Gil Ameixeiras
1 comentario:
Que cadros tan fermosos!
Publicar un comentario