jueves, 21 de febrero de 2013

VISITA Á EXPOSICIÓN DO LIÑO

Esta mañá puidemos contemplar todo o proceso do Liño. Dende que se sementa ata conseguir os tecidos e prendas que con el se poden facer. Para elo fomos ata o Mercado Vello e alí puidemos ver un vídeo explicatvo moi didáctico e aclaratorio. Pero o mellor foi que había unhas mulleres , dunha asociación de Insua (Vilalba), que estaban a facer " en vivo" todos os pasos para chegar a facer fermosos traballos con este producto tan humilde como é o LIÑO.
Démonos boa conta de que aqueles aparellos que alí viamos funcionando son os mesmiños que temos no noso Museo Etnográfico e gustounos. Que sorte temos!
Moitas grazas a estas mulleres que fan estas tarefas con tanto agarimo e co afán de que non se perdan estas costumes dos nosos avós. 
Que importante é lembrar o noso pasado para conseguir un futuro digno!!!

No hay comentarios: