Con motivo de estar traballando en Coñecemento o tema sobre "materia e os cambios físicos e químicos que se poden producir" queríamos levar á práctica algún experimento relacionado co que estabamos dando.
Deste modo investigamos sobre a gaiola de Faraday e o concepto de ondas electromagnéticas; vimos a chamada atracción electrostática.
Outros experimentos foron o da combustión dunha vela, e alí comprobamos que realmente a combustión consume osíxeno; observamos un cambio químico mezclando bicarbonato con zume de limón; comprobamos como conseguíamos dióxido de carbono e auga.
Pero o mellor de toda esta xornada non é soamente o que aprendimos, que foi moito, senón a compañía que tivemos. Estivemos nas aulas de infantil de 4 e 5 anos e compartimos experiencia ca lumnado destas clases.
Moitas grazas a todos vós e a vosas profes.!. Seguro que voltaremos axiña!.
2 comentarios:
Foi unha experiencia moi enriquecedora a de xuntar nen@s de diferentes idades e descubrir o a gusto que estaban tod@s, compartindo coñecementos. Bicos.
Para min tamén
ELIA
Publicar un comentario