Este luns pasamos uns vídeos explicativos sobre "O ciclo do lixo" e outro dunha reportaxe que deron na televisión sobre o percorrido que tiñan os tapóns de plástico que levamos recollendo este dous cursos.
Isto fíxose na biblioteca facendo grupos de alumnos por idades Desta maneira relacionamos dúas datas como son esta do calendario medioambiental e a do Día da Paz que é o día 30. Así foi que cubrimos unha pomba, debuxada no pavillón, con tapóns de plástico brancos e verdes. Os mesmos que estamos a recoller nas nosas aulas atendendo a un concepto firme de solidariedade.
Levamos adiante dúas accións ben fermosas: a reutilización e reciclaxe deses tapóns e a conversión deste material noutro similar que chega a trocarse por cartos que servirán para costear operacións e tratamentos caros para nenos e nenas con enfermidades raras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario