Este xoves celebramos, no cine Alovi, o festival das Letras Galegas.
Sabemos que o escritor homenaxeado este ano é Lois Pereiro. por tal motivo o mural que encabezaba o acto, estaba adicado a este autor.
Xuntámonos todos os cursos de infantil e primaria do noso cole e cada quen representou as cancións, bailes, obras, presentacións, graduación de 5 anos, entrega de premios dos concursos de Reciclado e Letras Galegas, como mellor soubemos, logo dos ensaios que lle adicamos estas semanas anteriores.
Estivemos acompañados de todo o profesorado e de pais, nais e familiares dos nenos e nenas.
Resultou un acto ben chuli e ben completo.
A nós tocounos bailar unha peza do Xabarín titulada: "Prefiro bailar twist", que o fixemos coa clase de 1º. A verdade é que era moi divertida e que quedamos satisfeitos. Esperamos que tamén gustara a todo o público, xa que foi bailada con todo o cariño. GRAZAS A TOD@S!!!!
1 comentario:
Teño que felicitar a estes nenos e nenas polo ben que bailan. Sodes uns artistas! Moitos bicos.
Publicar un comentario