Hoxe baixamos ata o patio na hora de plástica. E xa é o 2º venres. Facía tan bo tempo que levamos o traballo para fóra da aula. Fixemos un debuxo da vexetación que temos no recinto do noso cole para apreciar o fermosa que resulta a estación da primavera. Este traballo xa é o 2º día que o facemos, xa que o venres anterior xa baixamos para empezalo.
Tamén comezamos a facer, cada un de nós, un dos debuxos que compoñen a historia de Lois Pereiro para rematar facendo un libriño sobre este escritor na vindeira semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario