Hoxe fomos ata o Bañal para continuar conformando a área recreativa que queremos conseguir. Eran 75 alumnos de infantil e 1º ciclo de primaria acompañados de 9 mestres. A actividade consistiu en plantar sobre 200 buxos facendo o contorno da nosa tartaruga coa idea de facer un labirinto. Logo de plantar houbo que regar e ir ata o pozo a encher as regadeiras. Co traballo ben feito xa puidemos merendar e xogar a diferentes xogos, incluso pasear. Que gusto daba ver o Bañal cheo de pequenos xogando e disfrutando dunha xornada na natureza!!! Agradecementos a tod@s que participaron nesta actividade ao aire libre!!!!!!!!!
jueves, 26 de mayo de 2011
martes, 17 de mayo de 2011
17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS
A homenaxe á nosa lingua, personifícase este ano na figura literaria de Lois Pereiro.
Foi este un poeta da nosa terra que, aínda que nos deixou moi novo, a súa pegada é moi importante.
Soamente dicir que o que ven de seguido, estou segura que Lois opinaría o mesmo.

viernes, 13 de mayo de 2011
DEBUXAMOS A PRIMAVERA
Hoxe baixamos ata o patio na hora de plástica. E xa é o 2º venres. Facía tan bo tempo que levamos o traballo para fóra da aula. Fixemos un debuxo da vexetación que temos no recinto do noso cole para apreciar o fermosa que resulta a estación da primavera. Este traballo xa é o 2º día que o facemos, xa que o venres anterior xa baixamos para empezalo.
Tamén comezamos a facer, cada un de nós, un dos debuxos que compoñen a historia de Lois Pereiro para rematar facendo un libriño sobre este escritor na vindeira semana.

jueves, 12 de mayo de 2011
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
Este xoves celebramos, no cine Alovi, o festival das Letras Galegas.
Sabemos que o escritor homenaxeado este ano é Lois Pereiro. por tal motivo o mural que encabezaba o acto, estaba adicado a este autor.
Xuntámonos todos os cursos de infantil e primaria do noso cole e cada quen representou as cancións, bailes, obras, presentacións, graduación de 5 anos, entrega de premios dos concursos de Reciclado e Letras Galegas, como mellor soubemos, logo dos ensaios que lle adicamos estas semanas anteriores.
Estivemos acompañados de todo o profesorado e de pais, nais e familiares dos nenos e nenas.
Resultou un acto ben chuli e ben completo.
A nós tocounos bailar unha peza do Xabarín titulada: "Prefiro bailar twist", que o fixemos coa clase de 1º. A verdade é que era moi divertida e que quedamos satisfeitos. Esperamos que tamén gustara a todo o público, xa que foi bailada con todo o cariño. GRAZAS A TOD@S!!!!

lunes, 9 de mayo de 2011
TRABALLOS DE RECICLADO
Este ano tocaba facer traballos para o 12º concurso de reciclado que convoca a A.M.A.
Cada un dos nenos e nenas de 2º fixeron traballos ben fermosos coa colaboración das familias.
Ao mesmo tempo e na nosa aula, elaboramos un móbil da primavera. Para elo fixemos cada un unha bolboreta con envases de iogures bebibles. O resultado quedou moi chuli.

viernes, 6 de mayo de 2011
CONCURSO BOLIQUEIRAS
Este ano voltamos a participar, como todos os anos, neste concurso que convoca A Mesa pola Normalización Lingüística xunto co Concello. Faise coincidir por estas datas que conmemoramos as Letras Galegas. Este ano o tema era "Castelao, 125 anos do seu nacemento".
O noso traballo tiña que ver co Castelao debuxante. Traballamos cos seus debuxos aos que lles demos cor e puxemos textos inventados por nós. Titulámolo " A primavera de Castelao".
Este venres fomos a recoller o 5º premio na nosa categoría. O acto foi no Alovi e alí disfrutamos dunha contacontos e de todos e todas os compañeiros que alí había.
A foto recolle o momento de recoller o premio por parte de: Antía, Elia, Carmen e Eyob.

jueves, 5 de mayo de 2011
OUTRO DÍA NO HORTO
Esta vez tocou sementar unhas poucas patacas. Tamén plantamos o que trouxemos das nosas casas como algún tomate, pemento, amorodos, cebolín, calabacín.
Aínda queda por plantar outras verduras que o faremos para a vindeira semana. A intención é que cando voltemos en setembro teñamos algo de produto para facer unha colleita de verduriñas da nosa horta.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)