martes, 23 de marzo de 2010

VISITA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Esta mañá de martes fomos de visita cinco clases do noso centro ao Aquarium Finisterrae da Coruña. Aproveitamos a iniciativa por parte de Voz Natura, xa que somos un dos centros que leva moitos anos participando deste Programa medio ambiental, e que tiñamos a entrada gratuita ao tempo que houbo monitoras que, por grupos, nos foron explicando e amosando algúns dos entresixos do que alí nos podemos atopar.
A viaxe durou toda a mañá e viñemos moi contentos de pasar por esa experiencia.
A nosa clase de 1º aprendimos moito e gustounos todo o que vimos. Será que o mundo mariño é tan misterioso coma relaxante!!!!!!.
Unha novidade é que o noso compañeiro David veu con nós e a súa cariña de ledicia xunto coa do resto de compis merece un BRAVO!!!!!!!.
Un bico para vós e as grazas a Pablo que nos acompañou.

lunes, 22 de marzo de 2010

ACTIVIDADES NO DÍA DA AUGA

Dende AMA e seguindo a estela das adicatorias a temas relacionados coa natureza e o medio ambiente hoxe comezamos facendo uns experimentos sinxelos coa auga en compañía da clase de 2º e a súa titora. Foi moi divertido.





Logo do recreo e na biblioteca do centro tivemos a sorte de contar coa presenza de Marisol Souto que nos veu a falar do proceso de formación do lago das Pontes. Estivemos todo o colectivo de mestres e alumn@s e estivo superinteresante o que vimos e escoitamos. A verdade é que aprendimos moitas cousas que penso que son importantes para todos nós. MOITAS GRAZAS MARISOL!!!!


DÍA MUNDIAL DA AUGA: 22 DE MARZO

ONU adica O Día Mundial da Auga, en 2010, a importanza da calidade da auga, a fin de demostrar que na xestión dos recursos hídricos a calidade dos recursos é tan importante como a cantidade.

Día Mundial da Auga 2010 é:
• Aumentar a concienciación sobre a conservación de ecosistemas sans e benestar humano, abordando os retos crecentes en relación á calidade da auga colocada á xestión deste recurso, e
• Dar maior importancia á cuestión da calidade da auga para instar aos gobernos, organizacións, comunidades e persoas en todo o mundo para actuar sobre esta cuestión e facer esforzos para evitar a contaminación, limpeza e rehabilitación, entre outros.


As actividades realizadas durante o Día Mundial da Auga, en 2010, terá como obxectivo transmitir mensaxes sobre a calidade da auga, os ecosistemas e o benestar humano.


sábado, 20 de marzo de 2010

PROXECTO: OS OFICIOS (1ª PARTE)

Con motivo de estar traballando o tema dos oficios na nosa aula estamos facendo unha actividade ben bonita. Trátase de que cada día está vindo un pai ou nai de cada un de nós para explicarnos o que eles e elas queiran sobre os seus traballos.
Estes días tivemos varias visitas de pais/nais e tamén algún caso que non eran pais de nenos/as de 1º pero que estiveron igual de interesantes que os primeiros.
A todos mil gracias pola súa adicación e paciencia para contarnos tantas cousas e atendernos ás nosas preguntas.
Aprendimos moitísimo e queremos que veñades sempre que queirades.
Un bico enorme para todos/as vós.

Aquí vai unha pequena mostra desas visitas de pais/nais:



Esta outra montaxe refírese a outras dúas explicacións que estiveron moi interesantes. Agradecemos moitísimo a adicación de dúas persoas; unha delas e Xose o farmacéutico que é amigo de todos pero especialmente de Silvia e do profe responsable do Museo do noso cole, José Mª:

lunes, 8 de marzo de 2010

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER : 8 DE MARZO

Estaría ben que non fora un só día e que non fixera falla adicarllo en exclusiva ás mulleres.
SERÍA PERFECTO!!!!!


jueves, 4 de marzo de 2010

OBRADOIRO DE XABRÓN

Este xoves fixemos unha actividade ben bonita na nosa aula. Transformamos boa parte do aceite usado que fomos traendo das nosas casas en xabrón.
Para elo contamos coa gran axuda da profe Blanca á que dende aquí lle damos as grazas.
Tamén queremos agradecer a visita da clase de 5 anos que viñeron a participar con nós xunto coa súa profe Oliva.
A maneira de facelo é a seguinte:bótamos nunha tina grande 7 litros de auga e lle disolvemos un kilo de sosa. Temos que deixar ventilar, coas ventás abertas, uns 15 minutos para que se vaian os gases (este apartado é mellor que o faga sempre un adulto). Logo lle mezclamos 7 litros dese aceite usado ( que se fora grasa de porco serían 6 kilos), un paquete de deterxente e unhas gotas de esencia olorosa (neste caso lle puxemos romeiro e eucalipto). Logo hai que darlle voltas cun pao alongado e sempre no mesmo sentido. Neste último paso participamos todos.
Hai que deixalo repousar unhas horas ata que vexamos que vale para cortalo e desa maneira xa teríamos os tacos de xabrón.

martes, 2 de marzo de 2010

VISITAMOS O HORTO

Logo de tantos días sen poder baixar ao patio por culpa do mal tempo, este martes fixemos unha pequena incursión polo noso viveiro para ver como estaban as nosas sementes. Comprobamos que aínda non tiñan trazas de sair. A verdade é que o tempo non lles axudou nada. Aproveitamos para voltar a sementar "bellotas" que nos trouxo Blanca de Córdoba.
A ver se agora que tamén mellorará o tempo, conseguimos que algunha delas poda prender e nos dé unha agradable sorpresa.

lunes, 1 de marzo de 2010

11º CONCURSO DE RECICLADO

Dende aquí quero animar a toda a comunidade educativa que participe con ilusión e con gañas nesta nova edición do noso concurso de reciclado dende a AMA do noso centro.




11º CONCURSO DO RECICLADO “MONTE CAXADO

A aula de Medio Ambiente “Monte Caxado” convoca o 11º Concurso do Reciclado, coa finalidade de ir fornecendo ao colexio dos materiais mínimos para ir conformando un pequeno Museo do Reciclado.
Tendo iso en conta, as bases deste concurso serán as seguintes:
- Poden participar tódolos/as alumnos/as do centro.
- Os traballos poden presentarse de forma individual ou por parellas.
- A lingua usada será o Galego.
- Calquera traballo que se entregue para este concurso terá como condición imprescindible que fora realizado con materiais xa utilizados ou de refugallo. O tamaño máximo para os traballos será o seguinte: base de 60 por 30 cm, e altura de 30 cm.
- O deseño e tipo de traballo (cadros, esculturas, máquinas...) serán establecidos polos propios concursantes, evitando repeti-los modelos gañadores en anos anteriores.
- Haberá unha comisión avaliadora dos traballos, formada por persoas da Comunidade Educativa do Centro, que se encargará de dictaminar os premios, procurando no posible, e á vista dos traballos gañadores, agrupar os premios por idades, tipos de traballos ou outros criterios que se establezan nese momento. Esta comisión tamén poderá declarar os premios desertos. O seu dictame será inapelable.
- Os premios estableceranse a posteriori e dependerán das obras gañadoras, tendo en conta que sempre gardarán relación coa Natureza e que pretendemos que teñan a categoría de “grandes premios”.
- Os traballos poderán presentarse no colexio, cun sobre pechado que conteña os datos do autor ou autores, antes do día 6 de abril do 2010.
- Os traballos gañadores pasarán a ser propiedade do C.P.I. “Monte Caxado” e os non gañadores poderán retirarse do Centro nos quince días posteriores á resolución do concurso.

As Pontes, a 1 de marzo de 2010