jueves, 4 de marzo de 2010

OBRADOIRO DE XABRÓN

Este xoves fixemos unha actividade ben bonita na nosa aula. Transformamos boa parte do aceite usado que fomos traendo das nosas casas en xabrón.
Para elo contamos coa gran axuda da profe Blanca á que dende aquí lle damos as grazas.
Tamén queremos agradecer a visita da clase de 5 anos que viñeron a participar con nós xunto coa súa profe Oliva.
A maneira de facelo é a seguinte:bótamos nunha tina grande 7 litros de auga e lle disolvemos un kilo de sosa. Temos que deixar ventilar, coas ventás abertas, uns 15 minutos para que se vaian os gases (este apartado é mellor que o faga sempre un adulto). Logo lle mezclamos 7 litros dese aceite usado ( que se fora grasa de porco serían 6 kilos), un paquete de deterxente e unhas gotas de esencia olorosa (neste caso lle puxemos romeiro e eucalipto). Logo hai que darlle voltas cun pao alongado e sempre no mesmo sentido. Neste último paso participamos todos.
Hai que deixalo repousar unhas horas ata que vexamos que vale para cortalo e desa maneira xa teríamos os tacos de xabrón.

4 comentarios:

Ángeles. dijo...

Xa sei que vos saiu moi ben o xabrón, non me estrana nada, xa vos coñezo e sei o entusiasmo que poñedes en todo, pero o que máis me gustou é esa escoba batidora que utilizades, je,je! pode que sexa tamén unha escoba voadora coma a das bruxas, se é así deixádella á clase de tres anos que andan con ese proxecto. Bicos

Fina Blanco Antelo dijo...

Non lle puxéramos ningún sobrenome á nosa vasoira pero vai ser que nos gusta a idea de "voadora". Podedes facer uso dela cando queirades e tamén che daremos unha mostra dese xabrón. Moitas grazas polo teu comentario.

paula dijo...

tan pequeniños e tan traballadores!!^^
un bicoo

Oliva dijo...

Ainda non vira este obradoiro no voso blog, a verdade e que nos encantou poder participar desta actividade, e o mellor de todo foi poder levar un anaquiño do voso traballo para a nosa clase, por certo ule ¡xenial!. Seguide traballando pola reciclaxe e gracias por contar con nós nesta complicada tarefa, bicos