Este xoves tivemos unha xornada do máis interesante. Fomos os cursos de 2º e 3º de Primaria coas titoras e o mestre de E.F. xunto con dúas nais, ata A Capela. De entrada achegámonos ata o Museo Etnográfico que está ubicado nunha fermosa casa e alí estaba Secundino agardándonos para amosarnos todo o que alí había. Aínda que no noso cole temos prácticamente todo, parecía como se nunca víramos certas cousas. Gustounos moito as explicacións de Secundino.
Á media mañá estabamos no cole xa que alí contaban con nós tanto Xabier, mestre responsable de Brinquedos, como nenos e nenas de 2º e 3º que ian facer de monitores cos nosos alumnos. Varios foron os xogos tradicionais que puidemos compartir e disfrutar no pavillón: as chapas, a corda, a mariola, o peón, os zancos, a zorregada...
Daba gusto o ben organizados que estaban eses nenos e nenas, e o limpo e ordeado que tiñan todo o recinto de xogos...Sempre se aprende con estas visitas.
Moitas grazas a todos e todas!!. Voltaremos outro día xa que quedaron cousas por ver como o Museo do Xoguete e do Xogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario