domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DA TERRA E DÍA DO LIBRO


Un fin de semana cunhas conmemoracións para ter moi en conta e que ambas teñen tanta relación.
Sabido é que a cultura e o saber está nos libros...e que mellor que ilustrarse, ler, divertirse, formarse, compartir vivencias...que lendo un libro nesta Terra que para que sega sendo un Planeta verde e azul temos que coidar e preservar.
Feliz conmemoración para todos e todas.


sábado, 8 de abril de 2017

VISITA DE HELENA E SUSO

Este venres tivemos o gusto de que nos visitaran os nosos amigos Helena Villar Janeiro e Suso Rábade Paredes. Puidemos recitarlle uns poemas feitos por nós na aula que moito lles gustaron. Pouco tempo puidemos estar con eles pero xa quedamos para unha vindeira ocasión.
Grazas pola visita amigos!


viernes, 7 de abril de 2017

VISITA O MAGO BENXAMÍN

Este venres que era día de dar as notas e as vacacións tivemos a actuación do mago Benxamín. Foi todo o alumnado e a actividade foi no pavillón. Pasouse un rato moi divertido.



jueves, 6 de abril de 2017

EXPOÑEMOS MÁIS TRABALLOS


 Seguimos a facer traballiños que logo expoñemos. Desta vez tratábase de relacionalos coa agricultura. Houbo moi bos resultados e xa hai melloría na maneira de expoñelo aos compis. Imos no bo camiño!!













miércoles, 5 de abril de 2017

EXCURSIÓN A LUGO

Tocou facer unha saída lúdico-didáctica do máis interesante. Fomos toda a mañá do mércores os cursos de 4º e 5º ata Lugo. Alí visitamos o Museo Provincial e fomos atendidos por unha guía que nos explicou moitas cousas superinteresantes. Tamén fixemos unha pequena andaina por un tramo da Muralla e o profe Pedro foinos contando pinceladas da súa historia. Disfrutamos e aprendimos moito.
E de almorzo un rico chocolate con churros.








lunes, 3 de abril de 2017

VISITAMOS A AULA DE TECNOLOXÍA

Esta mañá puidemos ver como funciona a impresora 3D do noso cole. Grazas ao profe José Manuel que tan ben nolo explicou. Nesta ocasión estaba facendo o soporte para un micrófono. Encantounos a eperiencia.