Unha data tan importante a conmemorar non pasa desapercibida
no noso centro. Varias foron as actividades que fixemos ao longo da semana.
Entre outras están a de plantar no noso horto e invernadoiro productos de
tempada como patacas, millo, cenorias, pementos, leitugas e tomates . Comentar que as plantiñas de cenoria que
plantamos son un agasallo que nos fixeron os nenos e nenas do cole veciño das
Somozas, xunto coa súa profe Olalla.
Tamén elaboramos uns
colgantes para adornar a nosa árbore de madeira. Tratábase de corear debuxos en
forma de Terra con diferentes mensaxes alusivas ao coidado do noso Planeta e
que logo de recortar pegamos nun soporte dun DVd xa fóra de uso, reutilizando
de novo este obxecto. Tamén nesta semanas estivemos traballando a reciclaxe nas
aulas e nas casas elaborando composicións ben fermosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario