Este sábado 25, tivo lugar en Rianxo un acto ben fermoso. Foi a XXII edición da homenaxe "A escritora na súa terra- Letra E". Este ano a homenaxeada era a nosa entrañable amiga Helena Villar Janeiro. Ata Rianxo me desplacei e participei dunha xornada moi linda. Un dos encargos que levaba era transmitirlle os parabéns de nenos e nenas da miña clase de 3º e entregarlle un libriño feito por eles facendo un retrato de Helena. Aquí tedes ese libriño. Que saibades que lle gustou moitísimo e que vos dá as grazas e vos manda un bico.
sábado, 25 de junio de 2016
miércoles, 22 de junio de 2016
ROTEIRO POLO CAMIÑO DOS ARRIEIROS
Fermoso roteiro que fixemos onte todo o alumnado de primaria cos seus profes e dous técnicos da empresa local de Xestión Cultural ,Cultureume. Foi a segunda parte do Camiño dos Arrieiros. Un achegamento a lembrar formas de existir dos nosos antepasados. Xuntamos Patrimonio histórico e medioambiental e actividade física nun entorno natural. Camiñamos dúas horas, como verdadeiros campeóns. E chegamos en bus ata o inicio deste camiño que é en Estaca de Vares (ou Bares). O día acompañou.
miércoles, 8 de junio de 2016
VISITA DE NENOS E NENAS DAS SOMOZAS
Hoxe tivemos unha visita especial. Viñeron con Olalla nenos e nenas de 1º e 2º do cole das Somozas a ver o noso horto e a disfrutar con nós dun par de horas que souberon a moi pouco. Puidemos plantar xuntos logo de ver un vídeo explicando como se deben plantar as cenorias. Quedamos encantados con esta visita e prometimos que para o vindeiro curso íamos seguir en contacto.
Moitas grazas por achegarvos ata o noso cole!!
Moitas grazas por achegarvos ata o noso cole!!
martes, 7 de junio de 2016
AUDICIÓN CON ALUMNOS DO CONSERVATORIO
Este martes puidemos disfrutar dunha audición feita por alumnos de percusión do Conservatorio das Pontes na nosa biblio. Gustounos moito e puidemos ver o ben que o fai un dos nosos compis, Daniel, tamén outro alumno de 5º, Daniel, amosou un instrumento moi orixinal feito con botellas.
sábado, 4 de junio de 2016
VOZ NATURA
Este sábado voltamos a participar un ano máis da festa final que Voz natura celebra en Acea da Ma como colofón a todo un ano de actividades medioambientais nos coles que participan neste programa dende hai 20 anos. Un grupo de nenos e nenas acompañados de familiares e mestras disfrutamos dunha xornada cargada de actividades diversas para os escolares. Deixo unha foto coa exposición do noso cole.
viernes, 3 de junio de 2016
EXCURSIÓN A POBO AVENTURA
Este venres fomos de excursión os cursos dende 1º ata 4º de primaria. Levounos o autobús pola mañá ata o lugar de Teixeiro a un espazo á beira do río Carregal, afluente do Mandeo, onde uns monitores agardaban por nós para facer varias actividades no entorno da natureza. O día non puido estar millor. Logo de rematar as actividades programadas viñemos xa para As Pontes pero fixemos unha paradiña en Vilalba, na súa praia fluvial. Alí merendamos e estivemos pouco tempo.
Foi unha xornada do máis divertida
Foi unha xornada do máis divertida
Suscribirse a:
Entradas (Atom)