lunes, 30 de noviembre de 2015

VISITOUNOS UN GRUPO DE NENOS, NENAS E PROFES DE ASPANAES

Puidemos disfrutar da visita destes compis que compartiron unhas actividades con nós. Sementamos noces e castañas en tetrabricks reciclados e decorados por eles. Tamén nos explicaron como aprendían eles con pictogramas e xuntos elaboramos un mural con recortes para formar a roda dos alimentos. Gustounos moito ter pasado esta experiencia con este grupo de nenos. Quedamos en voltar un día ao seu cole. Moitas grazas pola visita!!!











miércoles, 18 de noviembre de 2015

TRABALLAMOS NA BIBLIO

Neste mes de novembro houbo dúas sesións de Relixión/Alternativa conxuntas na biblio. A profe Ana e a titora Fina compartiron espazo e actividade. Completamos parte do mural que se estivo a facer por parte de todos os cursos e que trataba de representar o poema adicado ao medo, de Manuel María, e co título "O lobo".





miércoles, 11 de noviembre de 2015

DEPORTE NA FRAGA

Este mércores houbo unha acvtividade deportiva con todos os centros escolares de primaria. Desplazámonos en autobús ata a Fraga para correr un tramo dese fermoso entorno que temos na nosa vila. Disfrutamos dunha mañá solleira.
Aproveitamos esta foto na que incorporamos á nosa aula de 3º un novo compañeiro. Chámase André e ven de Mallorca. Benvido!!!

martes, 3 de noviembre de 2015

MAGOSTO E SAMAÍN

Este ano celebramos o magosto antes que outros anos. Así coincidiu co Samaín. Fixemos unha castaña de fieltro que nos serviu de broche. Tamén utilizamos un tetrabrick para facer o cestiño co que recoller as castañas que, ao igual que todos os anos, a ANPA nos agasalla no recreo xunto con batidos. Este ano foi unha gozada disfrutar desta actividade no patio exterior xa que a climatoloxía non podía estar mellor. Ao rematar de comer as castañas puidemos seguir pasándoo moi ben cos xogos que nos tiña preparado Pedro.


Como facemos todos os anos participamos no certame concurso que propón o Concello con motivo da Feira de fungos e cogumelos que organiza dende hai moitos anos. Este ano fixemos un traballiño escrito titulado "Versos a un cogumelo". Escribimos e ilustramos todos o que inventamos para esta ocasión. Resultou que levamos un premio que recolleron agún de nós ese domingo da Feira.