Hoxe participamos nun fermoso festival celebrado no cine Alovi. Puidemos ver e escoitar diversas actuacións como teatro, cancións, bailes, recitado de poemas. Foi unha mañá de diversión e celebración pero tamén de nervos. Non sabíamos como ía ser o noso poema-baile do "Gaiteiro repoludo". Pero teño que dicir que estamos moi ledos do resultado final.
Quero felicitar aos meus 11 artistas que o fixeron xenial e merécense un aplauso ben forte. Grazas igualmente a Marita, a nosa profe de Música, e aos papás e familiares que se achegaron ata o cine para vernos.
Queda por subir o vídeo que en canto o teña preparado xa o fago. Pero non podía esperar en darlle os parabéns polo seu bo facer. Un bico enorme para estos nenos e nenas de 1º.
4 comentarios:
Un aplauso xigante para todos!. A verdade e que ainda que xa sabíamos que eran moi aplicados, quedamos impresionados de velos recitar con esa soltura e sentimiento.
Acabo de ver o vídeo. Quedei impresionada coa vosa actuación! Menos mal que estaba sentada!. Xenial, Xenial!. Noraboa a todos e todas e tamén a vosa profe.
Moitos bicossss.
MENUDO RECITADO!!!;)
Moitas grazas a todas vós polo voso agarimo. De parte de todos e todas nós. Un bico.
Publicar un comentario