sábado, 30 de noviembre de 2013

SEMENTAMOS CASTAÑAS NA SEMANA INTERNACIONAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

Seguimos contribuíndo a que os nosos bosques teñan vida. Este venres sementamos castañas de tres tipos, todas elas autóctonas. Para elo fomos co noso testo particular, reutilizando un tetrabrick, a enchelo de terra no viveiro do patio. Logo metimos dúas castañas (por se unha non da prendido) procurando que a parte máis picuda estivera cara arriba xa que por aí abrirá a raíz do novo castiñeiro. Esta vez imos coidalas na aula ata que teñamos unha plantiña de 15 ou 20 cm. Daquela levarémolas para o horto , transplantarémolas e cando sexa o momento irán a formar parte dos bosques que estamos a levar adiante dende a nosa Aula de Medio Ambiente. Trátase do Bañal e de Marraxón.
Aínda que o venres facía sol tamén facía moito frío, é por iso que nas fotos saímos abrigadiños.



5 comentarios:

monse arza dijo...

Xa me tarda facer un magosto esas castañas.

monse arza dijo...

perdón desas castañas, un bico

Fina Blanco Antelo dijo...

Graciñas Monse pola túa visita. Ten por seguro que imos coidar ben delas para lograr bos castiñeiros. Agradecemos a túa aportación traendo castañas de distintos tipos.

Elia dijo...


Xa levaches aos teus nenos ao horto, como facías con nosco.



ELIA

Fina Blanco Antelo dijo...

Ola Elia. pois sí que os levei pero pouquiño polo mal tempo. Moitas grazas pola túa visita e o teu comentario. Biquiños para ti