Un ano máis , hoxe é o día que se conmemora o día mundial dos Bosques Autóctonos. Sería boa cousa reflexionar un pouco sobre o rumbo que está tendo o noso mundo actualmente. A deshumanización estanos levando a un abandono das nosas propias raíces.
Volvamos a mirada ao que temos máis próximo como son os nosos bosques e toda a vida que alí hai.Coidemos e disfrutemos dos nosos entornos naturais que son ben fermosos.
PLANTA UNHA ÁRBORE. PLANTA VIDA.
Pareceume fermoso este vídeo que reflexa unha historia verdadeira acontecida en Kenia pero que pode ser aplicada a calquera lugar do noso planeta.
2 comentarios:
Que bonito Fina. Un exemplo mais de que uns poucos poden marcar a GRAN difierencia.
Todos os pais e nais estamos pendentes do teu blog, encántanos ver o que facedes, xa que como sabes Ángeles tíñanos moi "mal" acostumbrados.
Moitas grazas polas túas palabras. Espero poder contar sempre coas vosas visitas e a vosa colaboración.
Publicar un comentario