Esta mañá tivemos de novo a oportunidade de que visitaran a nosa aula os pais de Uxía, Juan Carlos e Mª José e tamén os nenos e nenas de 3º coa súa mestra Loli. Os pais de Uxía viñeron cargados con utensilios que utilizan no quefacer diario coas abellas: un panal, unha roda de cera, o traxe de apicultor, abellas mortas, revistas co tema das abellas e un tarro de mel. Pasamos unha hora ben entretida e formativa.
Moitas grazas por achegarnos toda esa información
No hay comentarios:
Publicar un comentario