jueves, 25 de abril de 2013

PLANTAMOS NO HORTO

POR FIN!!!.
Esta semana puidemos baixar ata o horto e plantamos leitugas e patacas. Logo do inverno tan chuvioso e frío que tivemos houbo que cortar herba e darlle volta á terra estes días atrás para que agora puidéramos plantar algo . Imos ver se antes de que remate o curso podemos ver algún resultado.




miércoles, 24 de abril de 2013

APRENDEMOS SOBRE O MUNDO DAS ABELLAS

Esta mañá tivemos de novo a oportunidade de que visitaran a nosa aula os pais de Uxía, Juan Carlos e Mª José e tamén os nenos e nenas de 3º coa súa mestra Loli. Os pais de Uxía viñeron cargados con utensilios que utilizan no quefacer diario coas abellas: un panal, unha roda de cera, o traxe de apicultor, abellas mortas, revistas co tema das abellas e un tarro de mel. Pasamos unha hora ben entretida e formativa.
 Moitas grazas por achegarnos toda esa información





martes, 23 de abril de 2013

DÍA DA TERRA E DÍA DO LIBRO

Con motivo desta data medioambiental fixemos un traballo de plástica na aula que xunto coa clase de 3º elaboramos un mural coas nosas apertas á Terra.

O día 23 de abril conmemórase o día do libro. Este día tamén fixemos un orixinal marcapáxinas.





miércoles, 17 de abril de 2013

PLANETARIO NO COLE

Esta semana tivemos ocasión de disfrutar dunha actividade sobre o cosmos xa que quedou instalado no noso centro un planetario móbil. Neste caso fomos xuntos os cursos de 3º e 4º de primaria.