jueves, 31 de enero de 2013

DÍA DA PAZ




Para conmemorar esta data fixemos  un  traballo conxunto cos compis de 3º. Compuxemos o Guernica de Picasso facendo un puzzle de pezas xigantes que logo pegamos nun mural . Quedou un traballo ben chuli e moi alegre. A verdade é que se lle deu un aire diferente a esa obra tan coñecida.
Tamén podedes ver algunha foto da pomba que compuxemos no pavillón todo o alumnado do centro.

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL E DÍA DA PAZ

Este luns pasamos uns vídeos explicativos sobre "O ciclo do lixo" e outro dunha reportaxe que deron na televisión sobre o percorrido que tiñan os tapóns de plástico que levamos recollendo este dous cursos.

Isto fíxose na biblioteca facendo grupos de alumnos por idades Desta maneira relacionamos dúas datas como son esta do calendario medioambiental e a do Día da Paz que é o día 30. Así foi que cubrimos unha pomba, debuxada no pavillón, con tapóns de plástico brancos e verdes. Os mesmos que estamos a recoller nas nosas aulas atendendo a un concepto firme de solidariedade.
Levamos adiante dúas accións ben fermosas: a reutilización e reciclaxe deses tapóns e a conversión deste material noutro similar que chega a trocarse por cartos que servirán para costear operacións e tratamentos caros para nenos e nenas con enfermidades raras.




martes, 22 de enero de 2013

MENUDA EXPERIENCIA!!!

Con motivo de estar traballando en Coñecemento o tema sobre "materia e os cambios físicos e químicos que se poden producir" queríamos levar á práctica algún experimento relacionado co que estabamos dando.
Deste modo investigamos sobre a gaiola de Faraday e o concepto de ondas electromagnéticas; vimos a chamada atracción electrostática.




Outros experimentos foron o da combustión dunha vela, e alí comprobamos que realmente a combustión consume osíxeno; observamos un cambio químico mezclando bicarbonato con zume de limón; comprobamos como conseguíamos dióxido de carbono e auga.




Pero o mellor de toda esta xornada non é soamente o que aprendimos, que foi moito, senón a compañía que tivemos. Estivemos nas aulas de infantil de 4 e 5 anos e compartimos experiencia ca lumnado destas clases.
Moitas grazas a todos vós e a vosas profes.!. Seguro que voltaremos axiña!.