jueves, 24 de marzo de 2011

VISITAMOS O LABORATORIO

Este xoves achegámonos ata o laboratorio que hai en secundaria e alí fomos moi ben atendidos polos tres alumnos de bioloxía, Diego, Rubén e Mickael, xunto coa súa profe, Carmen. A todos eles lles damos as grazas xa que aprendimos moito cuns experimentos que nos gustaron moito.


martes, 22 de marzo de 2011

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O día 22 de marzo conmemórase o Día Mundial da Auga. No noso cole , e seguindo coa celebración de datas do calendario medioambiental, adicamos ese día a actividades relacionadas con este tema. Coa nosa humilde contribución, coidamos que o alumnado que pasou polos obradoiros que se realizaron na biblioteca durante toda a mañá, quedouse cunha aprendizaxe útil para a súa vida, ao mesmo tempo que divertida.

As actividades desenroladas foron: un vídeo duns 3 minutos con animacións sobre a importancia da auga, un xogo con música para formar a molécula de auga ( 2 H e 1 O), Catro experimentos que eran: Condensación, pompas de xabrón, densidade e flotación, brúxula e pozo de barrena. Na propia biblioteca había unha exposición de fotos onde se apreciaba a secuencia completa da formación do Lago das Pontes e un mural sobre o ciclo da auga feito pola clase de 5º.

Toda a mañá foron pasando, por grupos, o alumnado de infantil e primaria. A responsable de que todo esto saíra tan ben foi a mestra de infantil, Oliva, que estivo secundada polos nenos de 3 anos que fixeron un papel de científicos la mar de logrado.Todos os titores formos colaborando a medida que iban pasando os cursos correspondentes.


DÍA MUNDIAL DA AUGA

Sen auga non habería vida.
Coidémola!!!!!!!.
Hoxe e todos os días do ano.


lunes, 14 de marzo de 2011

ACTIVIDADES POLO DÍA DA MULLER

Hoxe tivemos uns obradoiros impartidos por dúas monitoras do concello. Fixeron unha serie de xogos nos que se vían os diferentes papeis que teñen asignados homes e mulleres. A verdade é que foi interesante ver algunhas respostas que daban, sobre todo nenos e nenas moi pequenos.

viernes, 4 de marzo de 2011

DISFRAZÁMONOS E DIVERTÍMONOS!!!!!!!!!!!!

Este venres era o día de celebrar no cole o día grande de entroido. O alumnado de infantil e primaria vestímonos facendo referencia aos pobos do mundo. Desta maneira xuntáronse: indios, chinos, brasileiros e mexicanos.
O noso disfraz era de chiniños e chiniñas. Andivemos moi atarefados toda a semana. Pero xa veredes que logo de rematar gorros coa súa trenza, corear os abanos, rematar dragóns e faroliños e maquillarnos o resultado foi ben chuli. Temos que agradecer a axuda de Carmen, a mamá de Silvia, que nos botou unha man coa maquillaxe e vestindo os traxes.
Pasámolo ben comendo orellas, freixós e zumes e logo cantando e bailando no pavillón con todo o colexio.
Agora toca pasalo moi ben estes días de entroido que temos libres para disfrutalos a tope.