sábado, 30 de enero de 2010
DÍA DA PAZ
En todos os coles celébrase o día escolar pola non violencia e dacordo a estes parámetros no noso colexio, e ao longo desta semana e máis especialmente durante o día de onte venres, viñemos facendo unha serie de actividades encamiñadas a resaltar a importancia desta data.
Na nosa aula cantamos cancións, coreamos e debuxamos pombas e fixemos un listado de palabras relacionadas co tema da Paz. Falamos de Mafalda e vimos parte das súas historias.Ó longo da mañá de onte tamén tivemos dúas visitas que gustaron moito que foron por parte de infantil. Primeiro viñeron a clase de tres aniños para darnos bicos e apertas e logo a clase de cinco anos para cantar unha canción que nós sabíamos e a cantamos con eles. Tamén foi organizado un mercadiño solidario con cousas que trouxemos da nosa casa para poder recaudar fondos que serán enviados ao pobo de Haiti.
Hai que dar as grazas a todos e todas que colaboraron nesta actividade.
Aquí tedes un grupiño de fotos do Mercadiño Solidario.
jueves, 28 de enero de 2010
MAFALDA NA BIBLIOTECA
Gustoulles ver os seus libros e ete vídeo vai en lembranza de Paula que sei que lle vai gustar e igualmente a todos e todas que queremos a PAZ en todos os ámbitos da vida.
SEGUIMOS VISITANDO A BIBLIOTECA
domingo, 24 de enero de 2010
DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
O 26 de xaneiro celébrase o Día da Educación Ambiental. O seu principal obxectivo é crear conciencia nas persoas e os gobernos, acerca da necesidade de participar na conservación e protección do noso medio ambiente, así como reverter os danos que ao longo dos séculos fixémoslle
A Educación Ambiental apareceu en 1972 coa Declaración de Estocolmo.Actualmente preténdese ensinar desde a natureza, utilizándoa como recurso educativo; hai que educar para mellorar e apreciar o ambiente; hai que presentar e aprender condutas correctas cara á contorna.
Trátase da concepción da natureza non como fonte inesgotable de recursos ao noso servizo, senón como un ecosistema fráxil que ten as súas propias esixencias que hai que respectar polo noso interese e supervivencia.