Esta semana voltamos a retomar o de ir un día á semana, polo menos, a nosa biblioteca. Dá gusto o chuli que está agora. Temos máis espazo, estamos moito máis cómodos tanto polos asentos novos como polo tipo de andeis onde están os libros. O dos asentos tamén é un dicir xa que algúns e algunhas aínda están máis a gusto polo chan. Mirade unhas fotiños deste último mércores. Como ese día non estaba David poñemos unha foto del deste luns dentro da aula.
1 comentario:
Que biblioteca máis chula temos! Pero o que a fai interesante e o que máis gusta é ver a estos nenos e nenas disfrutando da lectura. Seguide así. Moitos bicos a todos/as.
Publicar un comentario