O día de hoxe é coñecido como o Día Mundial Da Paz. Moito habería que falar sobre a cuestión de se ás cousas importantes da vida hai que adicarlles un día ao ano. Está clarísimo que non pero agora non é momento de filosofar.
En todos os coles celébrase o día escolar pola non violencia e dacordo a estes parámetros no noso colexio, e ao longo desta semana e máis especialmente durante o día de onte venres, viñemos facendo unha serie de actividades encamiñadas a resaltar a importancia desta data.
Na nosa aula cantamos cancións, coreamos e debuxamos pombas e fixemos un listado de palabras relacionadas co tema da Paz. Falamos de Mafalda e vimos parte das súas historias.Ó longo da mañá de onte tamén tivemos dúas visitas que gustaron moito que foron por parte de infantil. Primeiro viñeron a clase de tres aniños para darnos bicos e apertas e logo a clase de cinco anos para cantar unha canción que nós sabíamos e a cantamos con eles. Tamén foi organizado un mercadiño solidario con cousas que trouxemos da nosa casa para poder recaudar fondos que serán enviados ao pobo de Haiti.
Hai que dar as grazas a todos e todas que colaboraron nesta actividade.
Aquí tedes un grupiño de fotos do Mercadiño Solidario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario